Pola Resolución do 14 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, deuse publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2026, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 181, do 23 de setembro de 2026.
Advertido erro na dita resolución, cómpre facer a seguinte rectificación:
Na páxina 50.086, dentro do anexo,
Onde di:
|
Descrición |
Importe |
|
Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores de Miño, para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira. |
158.952,27 € |
Debe dicir:
|
Descrición |
Importe |
|
Convenio entre a Consellería do Mar e a Confraría de Pescadores de Miño para o desenvolvemento dun proxecto de restauración de hábitats e zonas de produción marisqueira. |
276.087,05 € |
