DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 6 de outubro de 2026 Páx. 51596

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada (Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de marzo de 2026 (DOG núm. 62, do 6 de abril), da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar na súa totalidade as alegacións recibidas de acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer un recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2026

Fernando Veiga Aguiar
Presidente do tribunal