En sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de marzo de 2026 (DOG núm. 62, do 6 de abril), da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Modificar a lista de puntuacións do primeiro e segundo exercicios, tras a aceptación das alegacións relacionadas cos exames codificados cos números: 451, 944, 959, 992, 1008, 1076.
Segundo. Desestimar na súa totalidade o resto das alegacións recibidas de acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria.
Terceiro. Pola quenda de acceso libre superan o primeiro exercicio setecentos cincuenta e cinco (755) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 20 puntos, fixándose en 40,00 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.
Pola quenda de promoción interna superan o primeiro exercicio seis (6) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 20 puntos, fixándose en 24,00 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria.
Cuarto. Pola quenda de acceso libre superan o segundo exercicio setecentos trinta e cinco (735) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 10 puntos, fixándose en 16,00 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.2 da convocatoria.
Pola quenda de promoción interna superan o segundo exercicio seis (6) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 10 puntos, fixándose en 16,00 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.2 da convocatoria.
Quinto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), no portal web corporativo xunta.gal/función-pública
Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), no portal web corporativo xunta.gal/función-pública
Sexto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2026
Fernando Veiga Aguiar
Presidente do tribunal
