DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 6 de outubro de 2026 Páx. 51656

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 21 de setembro de 2026, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-01954-O-2025 e un máis).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte no expediente sancionador LU-01954-O-2025 e un máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente atópanse a disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, sita na praza de Europa, 5A, 2º andar (edificio Área Central), 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme ao previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026

Laura González-Dopeso Portela
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF da persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-01954-O-2025

0801-MGM

Y8772421M

Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

1.12.2025; 16.38; A-6; 474,0

Artigo 141.2 da LOTT

Artigo 198.3 do ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

Artigo 201.f) do ROTT

801 euros

XC-04752-O-2025

6537-LZT

51298925R

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

28.7.2025; 10.48; AP-9F; 25,1

Artigo 141.25 en relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros