Conforme ao previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións dos recursos de alzada ditadas pola directora xeral de Mobilidade, nos expedientes sancionadores número XC-03111-O-2025 e un máis, tramitados por infracción da normativa reguladora do transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente atópanse á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, sita na praza de Europa número 5A, 2º andar (edificio Área Central) 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.
Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na disposición adicional 1ª da Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza.
En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, de 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
De se non efectuar o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026
Laura González-Dopeso Portela
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF |
Infracción cometida Data-hora-carretera-p.q. |
Precepto |
Precepto |
Sanción impuesta |
Resolución recurso |
|
XC-03111-O-2025 3578-LJF |
44846900M |
Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo do título habilitante. |
Art. 141.25 en relación |
Art. 143.1.k) en relación coa letra f) |
801 euros |
Desestimado |
|
XC-03112-O-2025 3578-LJF |
44846900M |
Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo do título habilitante. |
Art. 141.25 en relación |
Art. 143.1.k) en relación ca letra f) |
801 euros |
Desestimado |
