Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola directora xeral de Mobilidade no expediente sancionador número PO-00551-O-2025 e un máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente atópanse a disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, sita na praza de Europa, 5A, 2º andar (edificio Área Central), 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.
Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026
Laura González-Dopeso Portela
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF da persoa sancionada |
Infracción cometida Data-hora-estrada-p.q. |
Precepto cualificador |
Precepto sancionador |
Sanción imposta |
|
PO-00551-O-2025 5509-DFL |
09362675L |
A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT. 13.1.2025; 21.07; A-52; 303,0 |
Artigo 140.1 da LOTT Artigo 197.1 do ROTT |
Artigo 201.i) do ROTT Artigo 143.1 da LOTT |
4.001 euros |
|
PO-00552-O-2025 5509-DFL |
09362675L |
A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos. 13.1.2025; 21.07; A-52; 303,0 |
Artigo 140.34 da LOTT Artigo 197.39 do ROTT |
Artigo 143.1.g) da LOTT |
1.001 euros |
