DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 8 de outubro de 2026 Páx. 51882

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2026 pola que se convoca a provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, do posto de xefe/a de área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 144/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade (DOG núm. 101, do 27 de maio) e do Decreto 145/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 101, do 27 de maio), e o Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Convocar, para a súa cobertura polo procedemento de avaliación colexiada, a provisión do posto de xefe/a de área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria xunto coa documentación á que se refieren as súas bases presentaranse, dirixidas á Dirección da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, no Rexistro da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, sita en rúa Xoaquín Díaz de Rábago, 2-6, 15705 Santiago de Compostela e demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, e na intranet da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, así como no portal web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2026

A directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos
P.D. (Acordo do 30.6.2026)
José Luis Beiras Padella
Director de Xestión e Servizos Xerais