Mediante a Resolución reitoral do 4 de maio de 2026 (DOG do 15 de maio e BOE do 15 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de enxeñeiro/a técnico/a industrial grupo II, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:
Tribunal titular:
Presidente:
– José Ángel Carrillo Presedo, persoal laboral fixo do grupo II da USC.
Vogais:
– Teodoro Lamela Formoso, persoal laboral fixo do grupo II da USC.
– Fernando María Tabernero Duque, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Antonio Luis Llamas Saiz, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretaria:
– Rosalía Meitín Suárez, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente:
Presidente:
– José Manuel Miranda Rodríguez, funcionario de carreira da escala técnica media de Administración especial, subgrupo A2, do Concello de Santiago de Compostela.
Vogais:
– Ramón Fernández Varela, persoal laboral fixo do grupo II da USC.
– Diego Miguel González Castaño, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– José Ramón Bahamonde Hernando, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretaria:
– Silvia María Moreira Figueiras, funcionaria de carreira da escala técnica superior da Administración da USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
