DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 13 de outubro de 2026 Páx. 52318

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026 pola que se modifican as resolucións do 29 de setembro de 2026 polas que se nomearon persoal funcionario de carreira no corpo de xestión, subgrupo A2, e no corpo administrativo, subgrupo C1, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, convocados polas resolucións do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 222, do 22 de novembro).

Esta resolución dítase por delegación, de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG núm. 16, do 24 de xaneiro.

Mediante as resolucións do 29 de setembro de 2026 nomeáronse persoal funcionario de carreira no corpo de xestión, subgrupo A2, e no corpo administrativo, subgrupo C1, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, convocados polas resolucións do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro).

Observados erros na adxudicación de postos a persoas aspirantes convocadas á elección de postos, cómpre modificar o anexo I.

Por todo o cal, esta consellería, en exercicio das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro. Modificar no anexo I do corpo de xestión, subgrupo A2, o posto adxudicado á seguinte persoa aspirante, xa que obtivo un posto con carácter definitivo no concurso de traslados:

Nº

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Concello

Subgrupo

Nivel

1

***9250**

Pin Díaz, María Araceli

Permanece no posto

SAS050000115770015

Xefatura sección II

SA

S.X. Selección de Persoal

Santiago de Compostela

A1-A2-C1

25

Segundo. Engadir no anexo I do corpo administrativo, subgrupo C1, a seguinte persoa aspirante e adxudicarlle o posto que viña ocupando en execución do Auto xudicial 245/2026, do 30 de xullo de 2026, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia:

Nº

NIF

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro destino

Concello

Subgrupo

Nivel

1

***3602**

Cabanas Grandío, Beatriz

Permanece no posto

PRC993000027640002

Xefatura de grupo

PR

Oficina comarcal (Vilalba)

Vilalba

C1-C2

14

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal