Unha vez notificada a incoación de expediente e ao non levarse a cabo as limpezas das parcelas, o concelleiro delegado de Medio Ambiente adoptou os correspondentes acordos, e ao non resultar posible a súa práctica, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, notifícase mediante a publicación no BOE, DOG e no taboleiro de anuncios do Concello o seguinte:
|
Acto que se vai a notificar |
Propietario/a |
Parcela catastral |
|
Orde de execución de eliminación de maleza nun terreo sito na Salgosa (Fiolledo) |
Descoñecido/a |
Polígono 73, parcela 236 |
|
Orde de execución de eliminación de maleza na Feira (Corzáns) |
Josefa Lago Lago |
Polígono 30, parcela 7 |
|
Orde de execución de eliminación de malezas nas Arras (Cabreira) |
Ramiro Bargiela |
Polígono 92, parcela 174 |
|
Orde de execución de eliminación de malezas en Gandarela (Pesqueiras) |
Aurora Rodríguez Pérez María Rodríguez Pérez |
Polígono 06, parcelas 1435 e 1436 |
|
Orde de execución de eliminación de malezas e arboredo na rúa Castelao (Salvaterra) |
Descoñecido/a |
Polígono 2, parcela 322 e 323 |
|
Orde de execución de eliminación de malezas na rúa Rosalía de Castro (Salvaterra) |
Descoñecido/a |
Polígono 1, parcela 08085 |
|
Orde de execución de eliminación de malezas e arboredo na Queimadiña (Leirado) |
Descoñecido/a |
Polígono 47, parcela 92 |
|
Orde de execución de eliminación de malezas na Gaiosa (Lira) |
Eduardo González Alonso e herdeiros |
Polígono 52, parcela 7 |
|
Orde de execución de eliminación de malezas nas Ermidas (Salvaterra) |
Hdros. Rosa Glez. Picorulo Descoñecido |
Polígono 3, parcelas 562 e 563 |
Os propietarios son requiridos para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, procedan á xestión da biomasa na parcela indicada, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.
En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007 ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Todo iso sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
O texto íntegro do documento e o resto de trámites do expediente poderán ser consultados, por comparecencia do interesado, no Departamento de Secretaría do Concello de Salvaterra de Miño para o seu coñecemento.
Salvaterra de Miño, 15 de setembro de 2026
Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa
