DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 15 de outubro de 2026 Páx. 52676

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 27 de maio 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento IN201G).

A Orde do 27 de maio de 2026 publicada no DOG núm. 109, do 12 de xuño, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización, e convoca as ditas axudas para o ano 2026, cun crédito total de 265.000,00 euros.

A Orde do 2 de setembro de 2026 publicada no DOG núm. 169, do 7 de setembro, amplía a dotación orzamentaria das subvencións que foran convocadas ao abeiro da Orde do 27 de maio de 2026, incrementando a dotación orzamentaria destas axudas por importe de 10.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.470.11 («Comercialización artesanía de Galicia. Obradoiros artesáns»).

O artigo 3 da referida Orde do 27 de maio de 2026 establece que as solicitudes se presentarán en prazo e cos requisitos establecidos nas bases reguladoras e na convocatoria.

Por outra banda, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, do programa e crédito orzamentario a que se imputen, da finalidade da subvención, do beneficiario e da cantidade concedida.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 27 de maio 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento IN201G), con cargo ás aplicacións orzamentarias e códigos de proxecto seguintes:

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

14.06.751A.470.11. Comercialización artesanía de Galicia. Obradoiros artesáns.

2015 00276

14.06.751A.460.11. Comercialización artesanía de Galicia. Corporacións locais.

14.06.751A.481.11. Comercialización artesanía de Galicia. Asociacións profesionais artesanais.

As persoas interesadas poderán acceder e consultar as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocatoria, da persoa beneficiaria e da cantidade concedida pola subvención outorgada, nas seguintes ligazóns:

– Obradoiros artesáns e asociacións profesionais artesanais:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/gl/convocatorias/911570/concesiones

– Concellos:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/gl/convocatorias/911585/concesiones

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2026

Gabriel Alén Castro
Director xeral de Comercio e Consumo