DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Xoves, 15 de outubro de 2026 Páx. 52674

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da anualidade 2027 do código de procedemento TR302D, da Orde de 8 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á sua convocatoria para as anualidades 2026-2027 (Diario Oficial de Galicia número 94, do 22 de maio de 2026).

Primeiro. A Orde de 8 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026-2027 establece no artigo 14 que o procedemento de concesión desta subvención se tramitará e se resolverá en réxime de concorrencia non competitiva ata o esgotamento do crédito orzamentario. De ser o caso, segundo o establecido no artigo 16 das bases reguladoras, o esgotamento do crédito publicarase no Diario Oficial de Galicia, e producirá a imposibilidade de continuar outorgando subvencións ao abeiro desta e constituirá motivación suficiente para a denegación do resto de subvencións non concedidas.

Segundo. A devandita orde establece no seu artigo 14 que a instrución e resolución das solicitudes se efectuará seguindo a orde correlativa de entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia e ata o límite da dotación orzamentaria, de ser o caso, salvo que aquelas tivesen que ser obxecto de corrección por non reuniren os requisitos ou non se acompañaren da documentación requirida, para o que se considerará, na orde de prelación que se siga para a súa resolución, a data na que as solicitudes reúnan os requisitos e/ou documentación requirida, unha vez emendada a ausencia ou insuficiencia que, de ser o caso, apreciase o órgano convocante.

Terceiro. O artigo 5 da Orde de convocatoria establece o crédito destinado a estas subvencións nun importe total de 2.200.000,00 €, dos cales 200.000,00 € corresponden á anualidade 2026 e 2.000.000,00 € á anualidade 2027, coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Total

14.03.323B.470.0

200.000 €

2.000.000 €

2.200.000 €

Cuarto. A disposición derradeira primeira da Orde do 8 de maio de 2026 establece que se faculta a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde. En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito da anualidade 2027 indicado no punto terceiro, ao abeiro do procedemento TR302D, da Orde do 8 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026-2027.

A última solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito da anualidade 2027 foi a correspondente ao expediente TR302D-2026-00000224-00, que reuniu os requisitos e/ou documentación requirida, nos termos recollidos no artigo 14 das bases reguladoras, o día 4 de xuño de 2026 ás 10.43.37 horas.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2026

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego