En sesións que tiveron lugar os días 10, 13, 14, 15, 16, 17, 20, 21, 22 e 23 de xullo, e 17 e 24 de setembro, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 22, do 25 de novembro),
RESOLVEU:
Primeiro. En relación co primeiro e o segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso polas quendas de acceso libre e promoción interna, realizados o día 27 de xuño de 2026, e de conformidade co previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, á vista das reclamacións presentadas, o tribunal acordou:
1. Anular a pregunta número 51 do formulario de acceso libre (e a correspondente pregunta número 31 do formulario de promoción interna), que se substitúe pola pregunta de reserva número 123 do formulario de acceso libre (e pola correspondente pregunta de reserva número 101 do formulario de promoción interna).
2. Modificar o cadro de respostas provisional, de xeito que na pregunta número 120 do formulario de acceso libre (e na pregunta número 100 do formulario de promoción interna) a resposta correcta debe ser a opción A (no cadro provisional figuraba a opción B).
3. Desacoller as restantes alegacións presentadas.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria e nos criterios de corrección, valoración e superación aprobados polo tribunal en sesión do 18 de xuño de 2026, o primeiro exercicio cualificarase de 0 a 60 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de trinta (30) puntos.
Na quenda de promoción interna, superarán este exercicio as persoas aspirantes que acaden un mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
No acceso libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por cinco (5) o número de prazas convocadas por esta quenda, sempre que acaden o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Para os efectos do previsto no parágrafo anterior, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, cabe aterse ao previsto na base I.1 da convocatoria, con independencia de que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna se acumulen ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.
Partindo do anterior, asignaráselles a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas). Do mesmo xeito, asignaráselles a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.
Terceiro. Realizada a corrección do primeiro exercicio o día 17 de setembro de 2026, na quenda de promoción interna, feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria, un/unha aspirante acada o mínimo do 40 % das respostas correctas (24 puntos); polo tanto, un/unha aspirante supera o primeiro exercicio.
Realizada a corrección do primeiro exercicio o día 24 de setembro de 2026, feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria, na quenda de acceso libre acada o mínimo do 40 % das respostas correctas (32 preguntas netas) un total de 101 aspirantes; polo tanto, a puntuación mínima de 30 puntos equivale a 32 preguntas netas correctas. En consecuencia, 101 aspirantes superan o primeiro exercicio.
Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria e nos criterios de corrección, valoración e superación aprobados polo tribunal en sesión do 18 de xuño de 2026, o segundo exercicio cualificarase de 0 a 40 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de vinte (20) puntos. A corrección deste segundo exercicio unicamente se realizará no caso de superar as persoas aspirantes o primeiro exercicio; de non ser así, as persoas aspirantes serán consideradas non avaliables.
Na quenda de promoción interna, superarán este exercicio as persoas aspirantes que acaden un mínimo do 45 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
No acceso libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 45 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Para os efectos do previsto no parágrafo anterior, no que se refire ao número máximo de prazas convocadas pola quenda de acceso libre, cabe aterse ao previsto na base I.1 da convocatoria, con independencia de que as prazas non cubertas pola quenda de promoción interna se acumulen ás prazas convocadas pola quenda de acceso libre.
En atención ao anteriormente exposto, asignaráselles a valoración de 20 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 20 e os 40 puntos, proporcional ao número de respostas correctas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas). Do mesmo xeito, asignaráselles a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.
Quinto. Realizada a corrección do segundo exercicio o día 17 de setembro de 2026, feitas as deducións previstas na base II.1.1.2 da convocatoria, na quenda de promoción interna ningún/ningunha aspirante acada o mínimo de respostas correctas. Polo tanto, ningún/ningunha aspirante supera o segundo exercicio pola quenda de promoción interna.
Realizada a corrección do segundo exercicio o día 17 de setembro de 2026, feitas as deducións previstas na base II.1.1.2 da convocatoria, na quenda de acceso libre acadou a puntuación mínima do 45 % de respostas correctas (18 preguntas netas) un total de 82 aspirantes. Polo tanto, a puntuación mínima de 20 puntos equivale a 18 preguntas netas correctas. Superan o segundo exercicio pola quenda de acceso libre 82 aspirantes.
Sexto. En calquera caso, lémbrase que soamente superarán o proceso selectivo aquelas persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de prazas convocadas, sempre que cumpran as condicións previstas nos parágrafos anteriores.
Sétimo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 27 de xuño de 2026, correspondente ao primeiro e ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 22, do 25 de novembro).
Oitavo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).
Noveno. De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, en relación co terceiro exercicio (idioma galego), estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión, no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 3 ou do título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
O prazo de acreditación referido no parágrafo anterior será de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do segundo exercicio, e deberá tramitarse a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) na epígrafe «Expediente-e: Idiomas-Galego». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais (DOG núm. 237, do 15 de decembro).
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal publicará, no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, unha listaxe de persoas aspirantes que deben realizar a proba por falta de acreditación do coñecemento do idioma galego.
Décimo. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2026
Fernando Martínez Quindimil
Presidente do tribunal
