DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 22 de outubro de 2026 Páx. 53322

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 14 de outubro 2026 pola que se extingue, de oficio, a autorización do centro privado Virgen Milagrosa, de Maceda, por cesamento das actividades docentes.

Mediante a Orde do 4 de decembro de 1995 autorízase definitivamente a apertura e o funcionamento do centro privado (CPR) Virgen Milagrosa, de Maceda.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos incoa o expediente de extinción da autorización do centro docente, de conformidade co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Extinción da autorización

Extinguir, de oficio, por cesamento nas súas actividades docentes, a autorización do centro privado Virgen Milagrosa, de Maceda, código 32006531, con efectos do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

A extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional