En sesión que tivo lugar o 11 de novembro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 10 de xullo de 2026 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 (DOG núm. 133, do 17 de xullo), modificada polas resolucións do 21 de xullo de 2026 (DOG núm. 140, do 28 de xullo), e do 29 de xullo de 2026 (DOG núm. 146, do 5 de agosto),
ACORDOU:
Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, unha vez revisadas as reclamacións presentadas ao primeiro exercicio deste proceso selectivo realizado o día 20 de setembro de 2026, procede a anular as preguntas número 16, 33 e 34 e substituílas polas preguntas de reserva número 121, 122 e 123, respectivamente. Desestímanse na súa totalidade as restantes alegacións.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superan o exercicio trescentas setenta e dúas (372) persoas aspirantes, que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos, fixándose en 101,75 o número de respostas correctas necesarias para alcanzar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na citada base.
Terceiro. Publicar no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes do proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro).
Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A tramitación destas alegacións deberá presentarse a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal).
Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2026
María Dolores Veiga Gondelle
Presidenta do tribunal
