Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203-Bis Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38725

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

ORDE do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense.

I

Mediante a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, deuse publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. O obxecto do dito acordo foi establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, tras a superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.

Conforme o punto sexto do Acordo do Consello da Xunta do 12 de xuño de 2020, as medidas preventivas previstas nel serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Para estes efectos, poderán ser obxecto de modificación ou supresión, mediante acordo do Consello da Xunta, por proposta da consellería competente en materia de sanidade.

Así mesmo, indícase no dito punto sexto, na redacción vixente, que a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do acordo e poderá establecer, de acordo coa normativa aplicable e á vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas no acordo que sexan necesarias. Dentro desta habilitación quedan incluídas aquelas medidas que resulten necesarias para facer fronte á evolución da situación sanitaria en todo ou en parte do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e modifiquen ou, de modo puntual e cun alcance temporalmente limitado, impliquen o desprazamento da aplicación das medidas concretas contidas no anexo.

En aplicación do previsto no punto sexto citado, adoptáronse, na provincia de Ourense, medidas de prevención específicas nos concellos de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

En concreto, no que atinxe ao concello de Ourense, ditouse a Orde do 2 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Ourense, as cales tiveron efectos desde as 00.00 horas do 3 de setembro de 2020, ben que debían ser obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación da orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. As medidas limitativas de dereitos fundamentais recollidas na orde foron obxecto de ratificación xudicial polo Auto 54/2020, do 14 de setembro, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.

Froito do seguimento e da avaliación continua das medidas foron ditadas sucesivas ordes.

Así, en virtude da Orde do 9 de setembro de 2020, acordouse o mantemento das medidas de prevención e das recomendacións existentes no concello de Ourense, con determinadas modificacións puntuais. As medidas limitativas de dereitos fundamentais recollidas na orde foron obxecto de ratificación xudicial polo Auto 55/2020, do 14 de setembro, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense.

Posteriormente, a Orde do 16 de setembro de 2020 mantivo, no concello de Ourense, as medidas de prevención nos termos previstos na Orde do 2 de setembro de 2020, na súa redacción vixente, é dicir, tendo en conta as modificacións introducidas pola Orde do 9 de setembro de 2020. As medidas limitativas de dereitos fundamentais foron ratificadas xudicialmente polo Auto 59/2020, do 21 de setembro, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense.

Mediante a Orde do 18 de setembro de 2020, adoptáronse medidas de prevención máis restritivas para as rúas Antonio Puga, Doutor Fleming, Jesús Soria e avenida de Portugal, desde o cruzamento coa rúa Ervedelo ao cruzamento coa rúa Irmáns Xesta, da cidade de Ourense. As medidas limitativas de dereitos fundamentais foron ratificadas xudicialmente polo Auto 84/2020, do 23 de setembro, da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 3ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Na posterior Orde do 23 de setembro de 2020 dispúxose o mantemento, no concello de Ourense, das medidas de prevención nos termos previstos na Orde do 2 de setembro de 2020, na súa redacción vixente, é dicir, tendo en conta as modificacións introducidas pola Orde do 9 de setembro de 2020, así como o mantemento das medidas máis restritivas previstas na Orde do 18 de setembro de 2020 nas zonas da cidade de Ourense en que se estaban a aplicar e a súa extensión a outras zonas do mesmo concello especialmente afectadas. As medidas limitativas de dereitos fundamentais foron ratificadas xudicialmente polo Auto 89/2020, do 25 de setembro, da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 3ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Mediante a Orde do 30 de setembro de 2020 dispúxose o mantemento das medidas máis restritivas contidas na Orde do 18 de setembro de 2020, nas mesmas zonas da cidade de Ourense en que se viñan aplicando. E, no resto do concello, acordouse manter as medidas previstas na Orde do 2 de setembro de 2020, na súa redacción vixente, isto é, coas modificacións introducidas pola Orde do 9 de setembro, agás no relativo ao número máximo de agrupacións de persoas, que se restrinxiu a 5 persoas, atendida a evolución desfavorable da situación. As medidas limitativas de dereitos fundamentais foron ratificadas xudicialmente polo Auto 95/2020, do 2 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 3ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Por último, na Orde do 2 de outubro de 2020 dispúxose o mantemento das medidas previstas nas ordes do 2 e do 18 de setembro citadas, ben que, respecto das limitacións ás agrupacións de persoas, se restrinxiron os grupos exclusivamente aos constituídos polas persoas conviventes para o desenvolvemento de actividades de carácter familiar e social conectadas co maior risco de xeración de abrochos. As medidas limitativas de dereitos fundamentais foron ratificadas xudicialmente polo Auto 100/2020, do 5 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 3ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Conforme o disposto no punto cuarto da orde, as medidas debían ser obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación da orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria, e proceder, segundo o caso, ao seu mantemento, modificación ou a deixalas sen efecto.

No que atinxe ao concello de Verín, ditouse a Orde do 18 de setembro de 2020 pola que se estableceron determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Verín, as cales tiveron efecto desde as 00.00 horas do 19 de setembro de 2020, e debían ser obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación da orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. As medidas limitativas de dereitos fundamentais foron obxecto de ratificación xudicial mediante o Auto 83/2020, do 23 de setembro, da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 3ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Froito do seguimento e da avaliación continua das medidas, acordouse o seu mantemento, primeiro na Orde do 25 de setembro de 2020 (foron ratificadas xudicialmente as medidas polo Auto 91/2020, do 30 de setembro, da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 3ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) e posteriormente pola Orde do 2 de outubro de 2020. Conforme o punto segundo desta última orde, as medidas debían ser obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación da orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria no concello.

E no que respecta ao concello do Barco de Valdeorras, ditouse a Orde do 30 de setembro do 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello do Barco de Valdeorras. As medidas limitativas de dereitos fundamentais foron ratificadas xudicialmente polo Auto 96/2020, do 5 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo (Sección 3ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Conforme o disposto no punto quinto da orde, as medidas debían ser obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación da orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria, e proceder, segundo o caso, ao seu mantemento, modificación ou a deixalas sen efecto.

II

A evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na provincia de Ourense puxo de manifesto a necesidade, por unha banda, de adoptar medidas máis restritivas en determinados aspectos nos concellos das comarcas de Ourense, Verín e Valdeorras nos cales xa se están aplicando medidas específicas (Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e, por outra banda, de acordar medidas específicas para todos os concellos das ditas comarcas, así como das comarcas do Carballiño, do Ribeiro e Allariz-Maceda.

Así, en primeiro lugar, en relación coa comarca de Ourense, no informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, do 7 de outubro de 2020, sobre a situación na dita comarca, indícase que a incidencia nela segue a aumentar desde o inicio do gromo, ao se situar nos últimos 14 días en 100 puntos porcentuais por riba do informe anterior, ademais de estar máis de 3 veces por riba da global de Galicia. En especial, o concello de Ourense presenta unha incidencia 5 veces superior á de Galicia e o concello de Barbadás tamén presenta unha taxa elevada. Outros concellos da comarca tamén presentan taxas elevadas que foron aumentando ao longo do brote. Todos os indicadores de seguimento do gromo indican que non está baixo control, senón todo o contrario, xa que, atendidos o aumento da incidencia e o número de brotes entre familiares e amigos que se están a dar no concello de Ourense e na comarca, semella que, polo de agora, non se está freando a transmisión. O aumento da incidencia, tanto a 3, 7 e 14 días na comarca, e a situación dos indicadores, todos en alto risco (incidencia a 3 días, porcentaxe de casos previamente en corentena, porcentaxe de probas PCR positivas entre contactos e hospitalizacións), fan pensar que a situación nesta comarca non está baixo control. Por outra banda, obsérvase o que parece unha irradiación de casos desde o concello de Ourense aos concellos veciños, especialmente ao de Barbadás, e tamén a concellos doutras comarcas.

Ante esta situación, no informe recoméndase estender as restricións que actualmente se están aplicando en determinadas rúas da cidade de Ourense, contidas ata o momento na Orde do 18 de setembro de 2020 antes citada, a todo o concello de Ourense e ao concello limítrofe de Barbadás. Ademais, recoméndase a adopción dunha medida adicional, co fin de controlar a irradiación de casos a outros concellos da comarca, consistente na restrición da mobilidade no ámbito territorial delimitado de forma conxunta por ambos os concellos, agás por causas excepcionais e xustificadas. Xunto a iso, tendo en conta a situación epidemiolóxica de risco alto en toda a comarca de Ourense, o informe recomenda a adopción de medidas de prevención específicas, aínda que menos restritivas que as previstas para os concellos de Ourense e de Barbadás, nos demais concellos da comarca (Amoeiro, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín), consistentes fundamentalmente en limitacións de agrupacións de persoas, peche de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras, e limitacións de capacidade.

No que atinxe, en segundo lugar, á comarca de Verín, no informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 7 de outubro de 2020 sobre a situación na dita comarca indícase que o valor da taxa acumulada a 14 días para o total da comarca é de 2,15 veces o valor acadado para o conxunto de Galicia. Dentro da comarca destaca o concello de Verín, tanto polo número de casos como pola taxa a 14 días. Este aumento no concello de Verín tamén repercute no resto de concellos da comarca, como Cualedro, Monterrei ou Oímbra, con taxas tamén elevadas. Os indicadores da comarca non son bos, a incidencia a 3 días segue en aumento, a porcentaxe de probas positivas en corentena está en risco alto, ao igual que a porcentaxe de probas positivas entre os contactos e o número de casos que requiren hospitalización. O envellecemento desta comarca, ademais, aumenta o risco de enfermidade grave na súa poboación.

Ante esta situación, respecto do concello de Verín, dada a taxa observada neste concello, o número de ingresados e as características do brote, todo isto xunto coa circunstancia de ter unha poboación moi envellecida, no informe recoméndase o mantemento das medidas que actualmente se están aplicando no dito concello (ata o de agora recollidas na Orde do 18 de setembro de 2020 antes citada) e, como medida adicional para intentar controlar a transmisión, recoméndase neste concello aumentar o nivel de restrición dos contactos familiares e sociais, tendo en conta os maiores riscos de transmisión que tales contactos comportan, de xeito que os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados se limiten aos constituídos só por persoas conviventes. Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade. Así mesmo, esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. Tampouco resultará de aplicación noutras concretas actividades respecto das cales, polo contexto ou circunstancias en que se desenvolven, o risco de transmisión, aínda que os grupos sexan de non conviventes, resulta atenuado.

Ademais, no mesmo informe recoméndase que, dada a situación epidemiolóxica da comarca de Verín e as súas características demográficas, se estendan as medidas que actualmente se están a aplicar no concello de Verín (isto é, as recollidas ata agora na Orde do 18 de decembro de 2020 citada) ao resto dos concellos da comarca (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós e Vilardevós).

No que atinxe á comarca de Valdeorras, no informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 7 de outubro de 2020 sobre a situación na dita comarca indícase que o valor da taxa acumulada a 14 días para o total da comarca é elevado, e destaca especialmente o concello do Barco de Valdeorras, cunha incidencia case 6 veces superior á do conxunto de Galicia, co risco engadido de ser a poboación desta área unha poboación moi envellecida. No concello do Barco de Valdeorras están activos varios abrochos na actualidade, o que contribúe a aumentar a incidencia e o risco de transmisión. Ademais de no concello do Barco de Valdeorras, tamén se observou un incremento de casos e, polo tanto, tamén da incidencia nos concellos de Carballeda de Valdeorras, A Rúa e Rubiá, o que pode significar unha irradiación de casos desde o concello do Barco de Valdeorras cara ao resto da comarca. Este brote segue a ter características de alto risco, especialmente no concello do Barco de Valdeorras, tanto polo número de casos como pola alta porcentaxe de probas PCR positivas entre os contactos e o alto número de ingresos hospitalarios. Ademais, toda a comarca presenta unha demografía claramente envellecida, onde se atopan varias residencias de maiores.

Ante esta situación, respecto do concello do Barco de Valdeorras, dada a taxa observada neste concello, no informe recoméndase o mantemento das medidas que actualmente se están aplicando no dito concello (ata o de agora recollidas na Orde do 30 de setembro de 2020 antes citada) e, como medida adicional para intentar controlar a transmisión, recoméndase neste concello aumentar o nivel de restrición dos contactos familiares e sociais, tendo en conta os maiores riscos de transmisión que tales contactos levan consigo, de xeito que os grupos para a desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, se limiten aos constituídos só por persoas conviventes. Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade. Así mesmo, esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. Tampouco resultará de aplicación noutras concretas actividades respecto das cales, polo contexto ou circunstancias en que se desenvolven, o risco de transmisión, aínda que os grupos sexan de non conviventes, resulta atenuado.

Ademais, no mesmo informe recoméndase estender as medidas xa establecidas actualmente para o concello do Barco de Valdeorras (isto é, as contidas ata agora na Orde do 30 de setembro antes citada) ao resto de concellos da comarca (A Rúa, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras), coa finalidade de crear un cinto de seguridade, tendo en conta as características demográficas da comarca e o feito de que o concello do Barco de Valdeorras é o punto neurálxico dela, do cal se poden irradiar casos aos outros concellos.

En relación coa comarca de Allariz-Maceda, o informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 7 de outubro de 2020 sobre a situación na dita comarca sinala que o valor da taxa acumulada a 14 días para o total da comarca é superior ao valor acadado para o conxunto de Galicia. Dentro da comarca destaca Paderne de Allariz, polo número de casos nos últimos 14 días que, ademais, se espera que aumente nos vindeiros días dado o colectivo de maiores afectado. Ademais, o número reprodutivo instantáneo está nun punto que indica que a transmisión pode ser elevada. Posto que a maioría dos concellos desta comarca teñen unha situación demográfica de elevado envellecemento e tendo en conta a súa proximidade ao concello de Ourense e á comarca de Ourense, espérase que poida aumentar non só a incidencia, senón tamén o risco para os colectivos de máis idade. Vista a situación epidemiolóxica desta comarca nos últimos 7 días, con taxas no dobre da global de Galicia e, sobre todo, tendo en conta que se está a observar o que parece ser unha irradiación desde o concello de Ourense e a comarca de Ourense cara ás comarcas limítrofes, no informe recoméndase a adopción de medidas de prevención específicas na comarca de Allariz-Maceda (concellos de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo), consistentes fundamentalmente en limitacións de agrupacións de persoas, peche de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras, e limitacións de capacidade.

No que atinxe á comarca do Carballiño, no informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 7 de outubro de 2020 sobre a situación da dita comarca sinálase que o valor da taxa acumulada a 14 días para o total da comarca é practicamente 3 veces o valor acadado para o conxunto de Galicia. Dentro da comarca destaca a situación do concello do Carballiño polo número de casos nos últimos 3 días e pola taxa de incidencia a 14 días, que é 4 veces superior á de Galicia, o que repercute nos restantes concellos da comarca, por ser a cabeceira desta. Nos últimos 7 días a incidencia na comarca a 3 días aumentou, o número reprodutivo instantáneo Rt está por riba do 3 e a porcentaxe de positividade nas probas PCR é elevada. Este gromo ten características de alto risco, xa que a incidencia está a aumentar considerablemente só en 7 días. Ante esta situación, no informe recoméndase, para todos os concellos da comarca do Carballiño (concellos de Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea), aumentar o nivel de restrición dos contactos familiares e sociais, tendo en conta os maiores riscos de transmisión que tales contactos comportan, de xeito que os grupos para a desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados se limiten aos constituídos só por persoas conviventes. Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade. Así mesmo, esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. Tampouco resultará de aplicación noutras concretas actividades respecto das cales, polo contexto ou circunstancias en que se desenvolven, o risco de transmisión, aínda que os grupos sexan de non conviventes, resulta atenuado.

Tamén se recomenda a adopción nos concellos da comarca doutras medidas de prevención específicas consistentes fundamentalmente no peche de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras, e en limitacións de capacidade.

Por último, no que respecta á comarca do Ribeiro, no informe da Dirección Xeral de Saúde Pública do 7 de outubro de 2020 sobre a situación na dita comarca indícase que o valor da taxa acumulada a 14 días para o total da comarca foi de case 2 veces o valor acadado para o conxunto de Galicia. Dentro da comarca destaca Ribadavia tanto polos casos nos últimos 14 días como pola taxa acumulada a 14 días. Destacan as taxas do grupo de 10 a 14 anos, tanto en homes coma en mulleres, e do grupo de 40 a 44 anos. O número reprodutivo instantáneo está nun punto que indica que a transmisión pode ser elevada. Vista a situación epidemiolóxica desta comarca nos últimos 7 días, con taxas que acadan o dobre da global de Galicia e, sobre todo, tendo en conta a interrelación entre os concellos da comarca, así como que se está a observar unha irradiación desde o concello de Ourense e a comarca de Ourense cara ás comarcas limítrofes, no informe recoméndase a adopción de medidas de prevención específicas na comarca do Ribeiro (concellos da Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia), consistentes fundamentalmente en limitacións de agrupacións de persoas, peche de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras, e limitacións de capacidade.

Atendido, pois, o sinalado nos informes citados, e tras escoitar as recomendacións do Comité Clínico reunido para estes efectos, a evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín impón, como consecuencia, a adopción de medidas de prevención específicas nos concellos integrantes das ditas comarcas, as cales deberán ser obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación da presente orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria, e proceder, segundo o caso, ao seu mantemento, modificación ou a deixalas sen efecto.

En particular, procede salientar que as limitacións de mobilidade no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ourense e Barbadás resultan necesarias, como se indicou antes, como medida adicional para controlar a transmisión da enfermidade e conter a irradiación a outros concellos da comarca de Ourense e doutras comarcas, que xa se está a detectar. Pola súa banda, as medidas tendentes a limitar as agrupacións de persoas para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, agás determinadas excepcións, e as limitacións de festas, verbenas e outros eventos populares e multitudinarios deben adoptarse para todo o ámbito territorial incluído na presente orde, tendo en conta a natureza destas actividades e os riscos asociados a elas. Para maior abastanza, a medida máis restritiva, aplicable en determinados concellos, consistente en limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes ten como finalidade intentar controlar a transmisión aumentando o nivel de restrición dos contactos familiares e sociais, agás os derivados das causas previstas ou outras xustificadas. Debe recordarse, neste sentido, que o Auto 40/2020, do 30 de abril de 2020, do Tribunal Constitucional, no seu fundamento xurídico cuarto, ante a incerteza sobre as formas de contaxio, sobre o impacto real da propagación do virus, así como sobre as consecuencias a medio e longo prazo para a saúde das persoas que se viron afectadas, expresa que as medidas de distanciamento social, confinamento domiciliario e limitación extrema dos contactos e actividades grupais son as únicas que se teñen demostrado eficaces para limitar os efectos dunha pandemia de dimensións descoñecidas ata a data. En particular, a medida que se recolle na orde para determinados concellos vai dirixida a previr determinadas reunións familiares ou sociais nas cales cabe apreciar un maior risco de transmisión polas circunstancias en que se realizan, por existir unha maior confianza e relaxación das medidas de seguridade, xa que teñen lugar fóra de ambientes profesionais, laborais ou outros protocolizados en que se debe usar máscara e que se rodean doutras garantías que dificultan a transmisión e contaxio. Esta medida, ademais, resulta menos disruptiva das actividades esenciais, económicas, laborais e profesionais ca outras, como as limitacións á liberdade de circulación ou confinamentos, que deben reservarse para cando resulta preciso un maior nivel de restrición. Procede advertir, ademais, de que a medida non é absoluta, senón que se ve matizada por unha serie de importantes excepcións, dado que, ante todo, esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade. Así mesmo, esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. Tampouco resultará de aplicación naquelas actividades previstas nos anexos respecto das cales se prevexa a posibilidade de grupos de persoas que non sexan conviventes.

III

As medidas que se adoptan na presente orde teñen o seu fundamento normativo na Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública; no artigo 26 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; nos artigos 27.2 e 54 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, e nos artigos 34 e 38 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

En particular, cómpre salientar que a Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, prevé, no seu artigo primeiro que, co obxecto de protexer a saúde pública e previr a súa perda ou deterioración, as autoridades sanitarias das distintas administracións públicas poderán, dentro do ámbito das súas competencias, adoptar as medidas previstas na dita lei cando así o exixan razóns sanitarias de urxencia ou necesidade.

O artigo segundo habilita as autoridades sanitarias competentes para adoptaren medidas de recoñecemento, tratamento, hospitalización ou control cando se aprecien indicios racionais que permitan supoñer a existencia de perigo para a saúde da poboación debido á situación sanitaria concreta dunha persoa ou grupo de persoas ou polas condicións sanitarias en que se desenvolve unha actividade. E, para o caso concreto de enfermidades transmisibles, o artigo terceiro dispón que, co fin de controlalas, a autoridade sanitaria, ademais de realizar as accións preventivas xerais, poderá adoptar as medidas oportunas para o control dos enfermos, das persoas que estean ou estivesen en contacto con estes e do contorno inmediato, así como as que se consideren necesarias en caso de risco de carácter transmisible. E o artigo 38 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, prevé que as autoridades sanitarias poderán levar a cabo intervencións públicas nos supostos de riscos para a saúde de terceiras persoas, nos mesmos termos previstos nos artigos 2 e 3 da Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, antes citados.

Non se recolle, pois, unha lista pechada de medidas de prevención, senón que poderán adoptarse, de acordo cos principios de precaución e de proporcionalidade que deben rexer as actuacións en materia de saúde, as necesarias para facer fronte ao concreto risco sanitario de que se trate.

En todo caso, e en atención a tales principios, estas medidas serán reavaliadas, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación desta orde, en función da evolución da situación epidemiolóxica nos concellos afectados.

Por outra banda, as medidas de prevención que se recollen nesta orde teñen un evidente fundamento sanitario, dados os riscos de transmisión dunha enfermidade contaxiosa como a que nos ocupa, e a vixilancia, inspección e control do seu cumprimento corresponden aos concellos, sen prexuízo das competencias da Consellería de Sanidade, tendo en conta a condición de autoridade sanitaria dos alcaldes e alcaldesas (artigo 33.1 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia), das competencias dos concellos do control sanitario de actividades e servizos que impacten na saúde da súa cidadanía, dos lugares de convivencia humana (artigo 80.3 da lei citada), así como da súa competencia para a ordenación e control do dominio público.

Polo tanto, os alcaldes e alcaldesas, como autoridade sanitaria, deben garantir nas referidas actividades, servizos e lugares de convivencia humana os dereitos e deberes sanitarios da cidadanía (artigo 33.2 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia) e, polo tanto, garantir a vixilancia, inspección e control do cumprimento das medidas preventivas aprobadas pola Administración autonómica e daquelas que, no seu desenvolvemento e atendendo á situación concreta, poida establecer o Concello.

Así mesmo, as forzas e corpos de seguridade teñen un papel fundamental no necesario control do cumprimento das medidas de prevención, papel que veñen desempeñando durante toda esta crise sanitaria, a través da formulación das correspondentes denuncias e remisión ás autoridades competentes, nos casos en que se detecte o seu incumprimento. Debe recordarse a este respecto que o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, declarou a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e activou o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19. Tendo en conta a existencia dunha declaración de emerxencia sanitaria, resulta esencial a colaboración das forzas e corpos de seguridade coa finalidade de preservar a seguridade e a convivencia cidadás.

Conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, a persoa titular da Consellería de Sanidade ten a condición de autoridade sanitaria, polo que é competente para adoptar das medidas de prevención específicas para facer fronte ao risco sanitario derivado da situación epidemiolóxica existente nos concellos das comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, coa urxencia que a protección da saúde pública demanda.

Na súa virtude, en aplicación do punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na súa redacción vixente, e na condición de autoridade sanitaria, conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Primeiro. Obxecto

O obxecto desta orde é establecer determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no seguinte ámbito territorial:

a) Comarca de Allariz-Maceda, integrada polos concellos de Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

b) Comarca do Carballiño, integrada polos concellos de Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.

c) Comarca de Ourense, integrada polos concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

d) Comarca do Ribeiro, integrada polos concellos de A Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.

e) Comarca de Valdeorras, integrada polos concellos do Barco de Valdeorras, A Rúa, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

f) Comarca de Verín, integrada polos concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Segundo. Restricións á mobilidade e ás agrupacións de persoas para a protección da saúde das persoas ante a existencia dun risco de carácter transmisible

1. Á vista da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria e coa finalidade de controlar a transmisión da enfermidade, adóptanse as seguintes medidas de prevención de modo temporal, durante o período ao cal se estenda a eficacia das medidas previstas na presente orde de acordo co seu punto quinto:

a) Limítase a entrada e a saída de persoas do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ourense e de Barbadás, agás para aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

1º) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

2º) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais ou legais.

3º) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

4º) Retorno ao lugar de residencia habitual.

5º) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

6º) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros que non poidan aprazarse.

7º) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.

8º) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.

9º) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.

10º) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

11º) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

A circulación polas estradas e vías que transcorran ou atravesen o ámbito territorial delimitado será posible sempre e cando teña a súa orixe e destino fóra del.

A circulación de persoas dentro do ámbito territorial delimitado será posible, sempre respectando as medidas de prevención e as recomendacións específicas previstas nesta orde, ben que se recomenda evitar todo movemento ou desprazamento innecesario.

b) Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, nos seguintes termos:

1º) Nos concellos de Ourense, Barbadás, Verín, O Barco de Valdeorras e en todos os concellos da comarca do Carballiño, os grupos quedan limitados aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Así mesmo, esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento. Tampouco resultará de aplicación naquelas actividades previstas nos anexos respecto das cales se prevexa a posibilidade de grupos de persoas que non sexan conviventes.

2º) Nos restantes concellos incluídos dentro do ámbito territorial previsto no punto primeiro desta orde, os grupos quedan limitados a un máximo de dez persoas, excepto no caso de persoas conviventes, en que non se aplicará esta limitación. Tampouco será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

2. O incumprimento das medidas de prevención establecidas neste punto poderá dar lugar á imposición de sancións e a outras responsabilidades previstas no ordenamento xurídico.

3. En particular, para os efectos da execución e control destas medidas de prevención, no marco da situación de emerxencia sanitaria declarada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, solicitarase a colaboración das forzas e corpos de seguridade.

4. Solicitarase a ratificación xudicial das medidas previstas neste punto, de acordo co disposto na redacción vixente do número 8 do artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro. Outras medidas aplicables no ámbito territorial recollido no punto primeiro

1. No ámbito territorial previsto no punto primeiro, recoméndaselles ás persoas maiores de 75 anos, ás persoas vulnerables ao COVID-19 e a aquelas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara, ou que presenten algunha alteración que faga inviable a súa utilización, que eviten na súa actividade diaria as saídas nas horas de previsible afluencia ou concentración de persoas na vía pública e en espazos ou establecementos abertos ao público, co fin de reducir os riscos derivados da coincidencia con outras persoas.

2. Acórdase, no ámbito territorial incluído no punto primeiro, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras, durante o período a que se estenda a eficacia das medidas previstas na presente orde, de acordo co seu punto quinto.

3. Así mesmo, serán de aplicación, nos concellos de Ourense e Barbadás, as medidas de prevención específicas recollidas no anexo II e, no restante ámbito territorial previsto no punto primeiro, as medidas de prevención específicas recollidas no anexo I.

4. En todo o non previsto nesta orde, e no que sexa compatible con ela, serán de aplicación, en todo o ámbito territorial previsto no punto primeiro, as medidas que, con carácter xeral, se establecen no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na súa redacción vixente.

Cuarto. Control do cumprimento das medidas e réxime sancionador

1. A vixilancia, inspección e control do cumprimento das medidas de prevención que se recollen nesta orde, e a garantía dos dereitos e deberes sanitarios da cidadanía, corresponderán aos respectivos concellos dentro das súas competencias e sen prexuízo das competencias da Consellería de Sanidade, tendo en conta a condición de autoridade sanitaria dos alcaldes e alcaldesas de acordo co artigo 33.1 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e as competencias dos concellos de control sanitario de actividades e servizos que impacten na saúde da súa cidadanía e dos lugares de convivencia humana, de acordo co artigo 80.3 do mesmo texto legal, así como da súa competencia para a ordenación e control do dominio público.

2. Así mesmo, os órganos de inspección da Administración autonómica, no ámbito das súas competencias, poderán realizar as actividades de inspección e control oportunas para a vixilancia e comprobación do cumprimento das medidas de prevención aplicables.

3. As forzas e corpos de seguridade darán traslado das denuncias que formulen polo incumprimento das medidas de prevención ás autoridades competentes.

Quinto. Eficacia

1. Esta orde terá efectos desde as 00.00 horas do 8 de outubro de 2020. Non obstante, as medidas recollidas nela serán obxecto de seguimento e avaliación continua e, en todo caso, nun período non superior a sete días naturais desde a publicación da presente orde, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

Para estes efectos, poderán ser obxecto de mantemento, de modificación ou poderán deixarse sen efecto por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

2. No momento de comezo dos efectos da presente orde quedarán sen efecto as seguintes ordes:

a) Orde do 2 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Ourense, e as ordes do 9 de setembro e do 2 de outubro de 2020, de modificación daquela.

b) Orde do 18 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 en determinadas rúas do concello de Ourense, e a Orde do 2 de outubro de 2020, de modificación daquela.

c) Orde do 18 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello de Verín.

d) Orde do 30 de setembro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 no concello do Barco de Valdeorras.

3. No caso das celebracións e eventos en establecementos de restauración para os días 8 ao 11 outubro que xa estivesen concertados con carácter previo ao día 8 de outubro, non serán aplicables as limitacións que se recollen nos anexos, sempre que tales limitacións non estivesen sendo xa aplicables con anterioridade, ben que deberán ser comunicados polos titulares dos establecementos á Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, para que se poidan adoptar as medidas ou efectuar as recomendacións pertinentes.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2020

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Medidas de prevención específicas aplicables nos concellos das comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, a excepción dos concellos de Ourense e Barbadás

1. Obrigas xerais.

1.1. Obrigas de cautela e protección.

Todos os cidadáns deberán adoptar as medidas necesarias para evitar a xeración de riscos de propagación da enfermidade COVID-19, así como a propia exposición aos ditos riscos. Este deber de cautela e protección será igualmente exixible aos titulares de calquera actividade.

Así mesmo, deberán respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19.

1.2. Persoas con sintomatoloxía.

Calquera persoa que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles co COVID-19, tales como febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos, deberá permanecer no seu domicilio e comunicarllo ao seu servizo sanitario o antes posible.

Igualmente, se existen conviventes no domicilio, deberá evitar o contacto con eles e, se é posible, usar un cuarto de forma exclusiva ata recibir instrucións do seu servizo sanitario.

1.3. Distancia de seguridade interpersoal.

Deberá cumprirse a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal establecida polo Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, de polo menos 1,5 metros ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuada e etiqueta respiratoria.

1.4. Obrigatoriedade do uso de máscaras.

Será obrigatorio o uso da máscara nas condicións establecidas no número 1.3 do anexo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na redacción vixente.

Os titulares dos establecementos, espazos ou locais deberán garantir o cumprimento desta obriga neles.

1.5. Medidas específicas para casos e contactos estreitos.

As persoas que sexan consideradas caso sospeitoso ou probable de infección polo virus SARS-CoV-2, por teren infección respiratoria aguda grave con cadro clínico ou radiolóxico compatible co COVID-19, ou que estean pendentes dos resultados de probas diagnósticas por este motivo, as que sexan consideradas como caso confirmado con infección activa e as consideradas contacto estreito dun caso sospeitoso, probable ou confirmado, deberán seguir as condicións de illamento ou corentena que lles sexan indicadas desde os dispositivos asistenciais ou de saúde pública, sen poderen abandonar o seu domicilio ou lugar de illamento ou corentena en ningún caso, salvo autorización expresa do servizo sanitario por causas debidamente xustificadas.

2. Medidas xerais de hixiene e prevención.

Sen prexuízo das normas ou protocolos específicos que se establezan, serán aplicables a todos os establecementos, locais de negocio, instalacións e espazos de uso público e actividades de carácter público as medidas xerais de hixiene e prevención establecidas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na redacción vixente.

3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.

3.1. Velorios e enterros.

1. Os velorios poderán realizarse en todo tipo de instalacións, públicas ou privadas, debidamente habilitadas, cun límite máximo, en cada momento, de vinte e cinco persoas en espazos ao aire libre ou de dez persoas en espazos pechados, sexan ou non conviventes.

2. A participación na comitiva para o enterramento ou despedida para cremación da persoa falecida restrínxese a un máximo de vinte e cinco persoas, entre familiares e achegados, sexan ou non conviventes, ademais, de ser o caso, do ministro de culto ou persoa asimilada da confesión respectiva para a práctica dos ritos funerarios de despedida do defunto.

3.2. Lugares de culto.

1. A asistencia a lugares de culto non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade. A capacidade máxima deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.

2. Non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos de culto.

3.3. Cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís.

1. No caso de que estas cerimonias ou celebracións se leven a cabo en lugares de culto, deberán aplicarse as regras de capacidade e as medidas de hixiene e prevención na celebración de actos de culto relixioso recollidas especificamente nesta orde e, no que sexa compatible co disposto nela, no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na redacción vixente. Deberanse evitar, en calquera caso, as aglomeracións na entrada e saída dos lugares de culto.

2. As celebracións que poidan ter lugar tras a cerimonia en establecementos de hostalaría e restauración axustaranse ás condicións e á capacidade previstas para a prestación do servizo nestes establecementos.

3. En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas en espazos ao aire libre ou de cincuenta persoas en espazos pechados.

3.4. Establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais.

1. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público que non formen parte de centros ou parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nos locais e establecementos ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso da máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.4 deste anexo.

2. Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal deberá concretarse en medidas como control de accesos ou caixas de pagamento específicos, e/ou en horarios determinados que aseguren a dita preferencia na atención. A existencia do servizo de atención preferente deberá sinalarse de forma visible nos ditos establecementos e locais.

3.5. Establecementos que teñan a condición de centros e parques comerciais ou que formen parte deles.

1. Os establecementos e locais comerciais retallistas e de actividades de servizos profesionais abertos ao público situados en centros e parques comerciais non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade total. No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares, a presenza de clientes en cada un deles deberá gardar esta mesma proporción.

2. Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns excepto para o tránsito entre os establecementos, salvo na actividade de hostalaría e restauración que se leve a cabo nas ditas zonas, a cal se deberá axustar ao previsto especificamente para estas actividades. Queda prohibida a utilización de zonas recreativas como poden ser zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso, que deben permanecer pechadas.

3. Deberanse establecer as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no interior dos locais e establecementos e nas zonas comúns ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.4 deste anexo. Ademais, deberán evitarse as aglomeracións de persoas que comprometan o cumprimento destas medidas.

4. Deberán prestar un servizo de atención preferente a maiores de 75 anos, o cal deberá concretarse en medidas como control de accesos ou caixas de pagamento específicos, e/ou en horarios determinados que aseguren a dita preferencia na atención. A existencia do servizo de atención preferente deberá sinalarse de forma visible nos ditos establecementos e locais.

3.6. Mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública.

No caso dos mercados que desenvolven a súa actividade na vía pública ao aire libre ou de venda non sedentaria, coñecidos como feiras, non poderán superar o cincuenta por cento dos postos habituais ou autorizados, limitando a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.

Os concellos poderán aumentar a superficie habilitada ou habilitar novos días para o exercicio desta actividade para compensar esta limitación.

Á hora de determinar os comerciantes que poden exercer a súa actividade, o Concello poderá priorizar aqueles que comercializan produtos alimenticios e de primeira necesidade, asegurando que non sexan manipulados os produtos comercializados neles por parte dos consumidores.

3.7. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación.

A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial, sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto do máximo permitido e cun máximo de dez persoas por grupo, sexan ou non conviventes.

3.8. Establecementos de hostalaría e restauración.

1. Os establecementos de hostalaría e restauración non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade para consumo no interior do local.

2. O consumo dentro do local poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. Non está permitido o consumo na barra.

3. As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao setenta e cinco por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.

No caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso do Concello para incrementar a superficie destinada a terraza ao aire libre, poderase incrementar o número de mesas previsto no primeiro parágrafo deste número 3, respectando, en todo caso, unha proporción do setenta e cinco por cento entre mesas e superficie dispoñible, e sempre que se manteña o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza.

4. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas, e deberán ser todas elas conviventes naqueles concellos en que se aplique a limitación de grupos constituídos só por persoas conviventes, de acordo co punto segundo da presente orde.

A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin deberá ser acorde co número de persoas e permitir que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.

5. Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.

6. As medidas contidas nos números 3, 4 e 5 serán tamén de aplicación ás terrazas dos establecementos de lecer nocturno.

3.9. Condicións para a ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.

1. A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade.

Para iso, cada establecemento deberá determinar a capacidade dos distintos espazos comúns, así como aqueles lugares en que se poderán realizar eventos e as condicións máis seguras para a súa realización conforme a capacidade máxima prevista e de acordo coas medidas de hixiene, protección e distancia mínima establecidas.

2. As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de dez persoas, sexan ou non conviventes, incluídos os monitores, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

3.10. Albergues turísticos.

Na modalidade de aloxamento turístico de albergue permitirase unha capacidade máxima do cincuenta por cento da máxima permitida.

3.11. Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais.

1. Nas bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais, tanto de titularidade pública como privada, poderán realizarse actividades presenciais sen superar o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida.

2. Este límite de ocupación será aplicable tamén á realización de actividades culturais nestes espazos e cun máximo de ata dez persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, incluído o monitor ou guía, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

3.12. Actividade en cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

1. Os cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares poderán desenvolver a súa actividade, contando con butacas preasignadas, sempre que non superen o cincuenta por cento da capacidade permitida en cada sala.

2. No caso doutros recintos, locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas distintos dos previstos no parágrafo anterior, poderán desenvolver a súa actividade sempre que o público permaneza sentado e que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida.

3. En calquera caso, será de aplicación un límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

3.13. Centros de lecer infantil.

Os centros de lecer infantil poderán levar a cabo súa actividade cumprindo o Protocolo en materia de lecer infantil para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, aprobado pola Orde da Consellería de Sanidade do 30 de xuño de 2020, e cunha capacidade máxima do cincuenta por cento do seu total.

3.14. Actividades e instalacións deportivas.

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de dez persoas de forma simultánea, agás naqueles concellos en que se aplique a limitación de grupos constituídos só por persoas conviventes, de acordo co punto segundo da presente orde, nos cales a limitación virá constituída pola exixencia de que todas as persoas do grupo deben ser conviventes.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata dez persoas, sexan ou non conviventes, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

A práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e cun máximo de dez persoas simultaneamente no caso dos adestramentos, sexan ou non conviventes. Non se aplicará este límite nas competicións onde as regras federativas garantan espazos diferenciados para cada equipo. No caso de realizarse en instalacións deportivas, a práctica axustarase ademais aos termos establecidos no parágrafo anterior.

3.15. Celebración de eventos deportivos, de adestramentos e de competicións deportivas con público.

A celebración de eventos deportivos, os adestramentos e as competicións deportivas que teñan lugar en instalacións deportivas ou na vía pública poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado, que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida da instalación ou do espazo de que se trate e cun límite de sesenta persoas para lugares pechados, e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

3.16. Piscinas.

1. As piscinas ao aire libre ou cubertas, para uso deportivo ou recreativo, deberán respectar o límite do cincuenta por cento da súa capacidade, tanto no relativo ao acceso como durante a propia práctica deportiva ou recreativa, e sen que poidan exceder o límite de cen persoas de ocupación. Quedan exentas destas limitacións as piscinas unifamiliares de uso privado.

2. A situación dos obxectos persoais, toallas, hamacas e elementos similares nas zonas de estadía das piscinas levarase a cabo de forma que se poida manter a distancia de seguridade interpersoal con respecto a outros usuarios. Deberá, ademais, respectarse o límite máximo de dez persoas por grupo, excepto no caso de persoas conviventes, en que non se aplicará esta limitación. Non obstante, naqueles concellos en que se aplique a limitación de grupos constituídos só por persoas conviventes, de acordo co punto segundo da presente orde, os grupos deberán estar constituídos só por persoas conviventes.

3. Exceptúase o uso da máscara nas piscinas durante o baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas piscinas.

3.17. Especificidades para determinadas actividades turísticas.

Poderán realizarse actividades de turismo, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de dez persoas, sexan ou non conviventes, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

3.18. Centros de información, casetas e puntos de información.

Nos centros de información, casetas e puntos de información e espazos similares non se poderá exceder o cincuenta por cento da súa capacidade e deberá respectarse o máximo de dez persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, incluído o monitor ou guía. Ademais, deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

3.19. Realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

1. Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil, cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao cincuenta por cento da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de cen participantes, incluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de cincuenta participantes, incluídos os monitores.

2. As actividades deberán realizarse en grupos de ata dez persoas participantes, sexan ou non conviventes, incluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

3.20. Uso de espazos públicos.

1. Os centros cívicos e sociais poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao cincuenta por cento e que se extremen as medidas de protección nas actividades socioculturais de tipo grupal que se realizan neles, cun máximo de dez persoas, sexan ou non conviventes, incluído o monitor ou guía para as actividades grupais.

2. Deberán adoptarse as medidas que coadxuven no control das agrupacións de persoas en lugares públicos, e das actividades prohibidas relacionadas co consumo de bebidas alcohólicas en parques e outros lugares de tránsito público, polos riscos que presenta para a saúde pública, relacionados coa aglomeración incontrolada de persoas e coa ausencia ou relaxación de medidas de seguridade e de distanciamento persoal. Recoméndase o peche dos parques públicos e espazos similares a partir das 00.00 horas ata as 6.00 horas.

3.21. Centros recreativos turísticos ou similares.

1. Os centros recreativos turísticos ou similares poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao cincuenta por cento.

2. As visitas de grupos serán dun máximo de dez persoas, sexan ou non conviventes , incluído o monitor ou guía, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

3.22. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

Sen prexuízo do establecido no número 3.20.2, os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

3.23. Celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares.

Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida do lugar de celebración, e cun límite máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

O recollido neste número será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.

3.24. Establecementos e locais de xogo e apostas.

1. Os establecementos de xogos colectivos de diñeiro e de azar, salóns de xogo, salas de bingo, salóns recreativos, rifas e tómbolas, locais específicos de apostas e outros locais e instalacións asimilables aos de actividade recreativa de xogos e apostas, conforme estableza a normativa sectorial en materia de xogo, poderán realizar a súa actividade sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida.

2. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas, e deberán ser todas elas conviventes naqueles concellos en que se aplique a limitación de grupos constituídos só por persoas conviventes, de acordo co punto segundo da presente orde.

En calquera caso, deberase respectar un máximo de cen persoas en espazos ao aire libre ou de cincuenta persoas en espazos pechados.

3. Os establecementos e locais deberán pechar non máis tarde das 00.30 horas, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente nin expedir consumición ningunha desde esa hora, e cun período máximo de desaloxamento de trinta minutos.

3.25. Limitación de capacidade para outros locais ou establecementos comerciais.

1. Con carácter xeral, calquera outro local ou establecemento comercial para o cal non se recollan expresamente unhas condicións de capacidade nesta orde, nin en protocolos ou normativa específica que lle sexa aplicable, non poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un máximo de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

O disposto neste número 1 non será de aplicación nos establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de peiteado, prensa e papelaría, combustible para a automoción, estancos, equipamentos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e lavandarías, sen prexuízo da necesidade de cumprir as obrigas xerais previstas na presente orde e as medidas xerais de hixiene e protección.

2. As actividades en grupos deberán realizarse cun máximo de dez persoas participantes, sexan ou non conviventes, incluídos os monitores, guías ou encargados correspondentes, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

3. En calquera caso, poderase suspender a actividade de calquera establecemento que, ao xuízo da autoridade competente, poida supor un risco de contaxio polas condicións en que se estea desenvolvendo.

ANEXO II

Medidas de prevención específicas nos concellos de Ourense e Barbadás

Nos concellos de Ourense e Barbadás aplicaranse as medidas previstas no anexo I coas restricións específicas previstas a continuación:

1. Cerimonias nupciais e outras celebracións relixiosas ou civís.

En calquera caso, deberase respectar un máximo de cincuenta persoas en espazos ao aire libre ou de vinte e cinco persoas en espazos pechados.

2. Actividades en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación.

A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do cincuenta por cento respecto da máxima permitida, e cun máximo de cinco persoas por grupo, sexan ou non conviventes.

3. Establecementos de hostalaría e restauración.

1. Os restaurantes non poderán superar o cincuenta por cento da súa capacidade na zona de comedor para o servizo de comida.

Nos bares e cafetarías non se poderá consumir no interior do local.

2. O consumo dentro do local nos restaurantes poderá realizarse unicamente sentado na mesa, ou agrupacións de mesas, e deberase asegurar o mantemento da debida distancia de seguridade interpersoal entre clientes. Non está permitido o consumo na barra e zona de cafetaría ou bar.

3. As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao cincuenta por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou no que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.

Consideraranse terrazas ao aire libre todo espazo non cuberto ou todo espazo que, estando cuberto, estea rodeado lateralmente por un máximo de dúas paredes, muros ou paramentos.

No caso de que o establecemento de hostalaría e restauración obtivese o permiso do concello para incrementar a superficie destinada a terraza ao aire libre, poderase incrementar o número de mesas previsto no primeiro parágrafo deste número 3, respectando, en todo caso, unha proporción do cincuenta por cento entre mesas e superficie dispoñible e sempre que se manteña o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza.

4. En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas, e deberán ser todas elas conviventes. A mesa ou agrupación de mesas que se utilice para este fin deberá ser acorde co número de persoas e permitir que se respecte a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.

5. Os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar non máis tarde da unha da madrugada, sen que se poida permitir o acceso de ningún cliente desde as 00.00 horas.

6. As medidas contidas nos números 3, 4 e 5 serán tamén de aplicación ás terrazas dos establecementos de lecer nocturno.

4. Condicións para a ocupación de zonas comúns de hoteis e aloxamentos turísticos.

As actividades de animación ou clases grupais deberán deseñarse e planificarse cunha capacidade máxima de cinco persoas, sexan ou non conviventes, incluídos os monitores, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

5. Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos culturais.

Na realización de actividades culturais nestes espazos aplicarase un máximo de ata cinco persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, incluído o monitor ou guía, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

6. Actividade en cines, teatros, auditorios, circos de toldo e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

En calquera caso, será de aplicación un límite máximo de trinta persoas para lugares pechados e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cincuenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

7. Actividades e instalacións deportivas.

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, sempre que, neste último caso, todas as persoas do grupo sexan conviventes.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata cinco persoas, sexan ou non conviventes, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

A práctica da actividade deportiva federada de competencia autonómica poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de cinco persoas simultaneamente no caso dos adestramentos, sexan ou non conviventes. Non se aplicará este límite nas competicións onde as regras federativas garantan espazos diferenciados para cada equipo. No caso de realizarse en instalacións deportivas, a práctica axustarase, ademais, aos termos establecidos no parágrafo anterior.

8. Celebración de eventos deportivos, de adestramentos e de competicións deportivas con público.

A celebración de eventos deportivos, os adestramentos e as competicións deportivas que teñan lugar en instalacións deportivas ou na vía pública poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado, que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida da instalación ou do espazo de que se trate e cun límite de trinta persoas para lugares pechados, e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cincuenta persoas para lugares pechados e cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

9. Piscinas.

Nas zonas de estancia das piscinas establecerase unha distribución espacial para manter a distancia de seguridade interpersoal entre os usuarios e os grupos deberán estar constituídos só por persoas conviventes.

10. Especificidades para determinadas actividades turísticas.

Poderán realizarse actividades de turismo, organizadas por empresas habilitadas para iso, e a actividade de guía turístico, para grupos de ata un máximo de cinco persoas, sexan ou non conviventes, e deberán establecerse as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

11. Centros de información, casetas e puntos de información.

Nos centros de información, casetas e puntos de información e espazos similares non se poderá exceder o cincuenta por cento da súa capacidade e deberá respectarse o máximo de cinco persoas nas actividades de grupos, sexan ou non conviventes, incluído o monitor ou guía. Ademais, deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

12. Realización de actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

1. Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao cincuenta por cento da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de cincuenta participantes, incluídos os monitores. Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de vinte e cinco participantes, incluídos os monitores.

2. As actividades deberán realizarse en grupos de ata cinco persoas participantes, sexan ou non conviventes, incluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

13. Uso de espazos públicos.

Os centros cívicos e sociais poderán realizar a súa actividade sempre que se limite a súa capacidade total ao cincuenta por cento e que se extremen as medidas de protección nas actividades socioculturais de tipo grupal que se realizan neles, cun máximo de cinco persoas, sexan ou non conviventes, incluído o monitor ou guía para as actividades grupais.

14. Centros recreativos turísticos ou similares.

As visitas de grupos serán dun máximo de cinco persoas, sexan ou non conviventes, incluído o monitor ou guía, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.

15. Celebración de congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias, eventos e actos similares.

Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, de natureza pública ou privada, sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida do lugar de realización e cun límite máximo de trinta persoas para lugares pechados, e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cincuenta persoas para lugares pechados e cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

O recollido neste número será tamén de aplicación para reunións profesionais, xuntas de comunidades de propietarios e eventos similares.

16. Establecementos e locais de xogo e apostas.

En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de cinco persoas por mesa ou agrupación de mesas, e deberán ser todas elas conviventes. En calquera caso, deberase respectar un máximo de cincuenta persoas en espazos ao aire libre ou de vinte e cinco persoas en espazos pechados. En caso de dispoñer tamén de servizos de hostalaría, seralles aplicable a prohibición do consumo no interior do local establecido para os ditos establecementos.

17. Limitación de capacidade para outros locais ou establecementos comerciais.

1. Con carácter xeral, calquera outro local ou establecemento comercial para o cal non se recollan expresamente unhas condicións de capacidade na presente orde, nin en protocolos ou normativa específica que lle sexa aplicable, non poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada ou establecida. En calquera caso, deberase respectar un máximo de trinta persoas para lugares pechados e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cincuenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo da autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueles outros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

O disposto neste número 1 non será de aplicación nos establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de peiteado, prensa e papelaría, combustible para a automoción, estancos, equipamentos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e lavandarías, sen prexuízo da necesidade de cumprir as obrigas xerais previstas nesta orde e as medidas xerais de hixiene e protección.

2. As actividades en grupos deberán realizarse cun máximo de cinco persoas participantes, sexan ou non conviventes, incluídos os monitores, guías ou encargados correspondentes, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade, excepto no caso de persoas conviventes.