Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79-Bis Mércores, 28 de abril de 2021 Páx. 21361

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

ORDE do 28 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

I

Mediante a Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, deuse publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

O obxecto do dito acordo foi establecer as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, tras a superación da fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade e ata o levantamento da declaración da situación de emerxencia sanitaria de interese galego efectuada polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de marzo de 2020.

Conforme o punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, as medidas preventivas previstas nel serán obxecto de seguimento e avaliación continua co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Para estes efectos, poderán ser obxecto de modificación ou supresión mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de sanidade.

Así mesmo, indícase no dito punto sexto, na redacción vixente, que a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, como autoridade sanitaria, poderá adoptar as medidas necesarias para a aplicación do acordo e poderá establecer, de acordo coa normativa aplicable e en vista da evolución da situación sanitaria, todas aquelas medidas adicionais ou complementarias ás previstas no acordo que sexan necesarias. Dentro desta habilitación quedan incluídas aquelas medidas que resulten necesarias para facer fronte á evolución da situación sanitaria en todo ou en parte do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e modifiquen ou, de modo puntual e cun alcance temporalmente limitado, impliquen o desprazamento da aplicación das medidas concretas contidas no anexo.

Mediante o Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, declarouse o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2. Esta declaración afectou todo o territorio nacional e a súa duración inicial estendeuse, conforme o disposto no seu artigo 4, ata as 00.00 horas do día 9 de novembro de 2020.

Conforme o artigo 2 dese real decreto, para os efectos do estado de alarma, a autoridade competente será o Goberno da Nación. En cada comunidade autónoma e cidade con estatuto de autonomía, a autoridade competente delegada será quen exerza a presidencia da comunidade autónoma ou cidade con estatuto de autonomía, nos termos establecidos no real decreto. As autoridades competentes delegadas quedan habilitadas para ditaren, por delegación do Goberno da Nación, as ordes, resolucións e disposicións para a aplicación do previsto nos artigos 5 a 11 do real decreto, sen que para iso sexa precisa a tramitación de ningún procedemento administrativo, nin será de aplicación o previsto no segundo parágrafo do artigo 8.6 e no artigo 10.8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O 29 de outubro de 2020, o Congreso dos Deputados autorizou a prórroga do estado de alarma ata o día 9 de maio de 2021. Conforme o artigo 2 do Real decreto 956/2020, do 3 de novembro, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, a prórroga establecida no dito real decreto estenderase desde as 00.00 horas do día 9 de novembro de 2020 ata as 00.00 horas do día 9 de maio de 2021, e someterase ás condicións establecidas no Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, e nos decretos que, se é o caso, se adopten en uso da habilitación conferida pola disposición derradeira primeira do citado Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, sen prexuízo do establecido nas disposicións que recolle o propio real decreto de prórroga.

En consecuencia, durante a vixencia do estado de alarma e da súa prórroga, as medidas previstas no Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, deberán adoptarse, na condición de autoridade competente delegada, nos termos previstos no dito real decreto e no real decreto de prórroga.

Non obstante, as medidas previstas no Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, non esgotan todas as que poden ser adoptadas para facer fronte á crise sanitaria. Neste sentido, como prevé expresamente o seu artigo 12, cada Administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación vixente, así como a xestión dos seus servizos e do seu persoal, para adoptar as medidas que considere necesarias, sen prexuízo do establecido no real decreto.

Polo tanto, durante a vixencia do estado de alarma e das súas prórrogas, as medidas que sexa necesario adoptar para facer fronte, na Comunidade Autónoma, á crise sanitaria serán as que poida acordar, ao abeiro da normativa do estado de alarma, o presidente da Comunidade Autónoma, como autoridade competente delegada, e as complementarias que poidan adoptar, no exercicio das súas competencias propias, as autoridades sanitarias autonómicas e, entre elas, a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, ao abeiro do disposto no punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020 citado.

II

Sentado o anterior, no contexto normativo derivado do estado de alarma vixente e ante a evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia, ditouse o Decreto 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptaron medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

Esas medidas debían ser complementadas, como indica o propio decreto, con outras que procede que adopte a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no exercicio das súas competencias propias como autoridade sanitaria autonómica.

Estas medidas complementarias establecéronse mediante a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta orde prevía que as medidas serían obxecto de revisión constante co obxecto de avaliar a situación e adecualas á incidencia real da epidemia.

Posteriormente, revisáronse as medidas acordadas, co obxecto de adecualas á situación epidemiolóxica, e ditouse a Orde do 4 de marzo de 2021, que incluíu pequenas modificacións das medidas adoptadas e do anexo II da Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia; a Orde do 5 de marzo de 2021, por medio da cal se modificou o anexo II da Orde do 25 de febreiro de 2021; a Orde do 10 de marzo de 2021 coa cal se modificaron diversos puntos do anexo I e do anexo II da Orde do 25 de febreiro de 2021, e a Orde do 12 de marzo de 2021, que modificou unicamente o anexo II.

Paralelamente, estas modificacións tiveron reflexo tamén no Decreto 39/2021, do 5 de marzo, no Decreto 40/2001, do 10 de marzo, e no Decreto 41/2021, do 12 de marzo, polos que se modificou o Decreto 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

En cumprimento do compromiso acadado en relación coa revisión das medidas acordadas, co obxecto de adecualas á situación epidemiolóxica, ditáronse o Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2 (modificado polo Decreto 49/2021, do 24 de marzo; polo Decreto 51/2021, do 26 de marzo; polo Decreto 54/2021, do 7 de abril: polo Decreto 58/2021, do 9 de abril; polo Decreto 59/2021, do 14 de abril, e polo Decreto 60/2021, do 16 de abril), e a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, modificada polas ordes do 24 de marzo de 2021, do 26 de marzo de 2021, do 31 de marzo de 2021, do 7 de abril de 2021, do 9 de abril de 2021, do 14 de abril de 2021, do 16 de abril de 2021 e do 21 de abril de 2021.

Posteriormente, realizouse unha nova revisión da situación epidemiolóxica dos concellos de Galicia, que tivo o oportuno reflexo na Orde do 23 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

III

De conformidade co compromiso acadado, procede realizar unha nova revisión da situación epidemiolóxica dos distintos concellos.

Así, no Informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, do 28 de abril de 2021, establécese o seguinte:

O número reprodutivo instantáneo (Rt), que indica o número de contaxios orixinados por un caso activo, segue a manterse por riba do 1, o que indica un aumento na transmisión da infección. Unicamente as áreas de Ferrol, Lugo e Pontevedra se manteñen por debaixo do 1.

Do total de concellos de Galicia, 138 non notificaron casos nos últimos 14 días. O número de concellos sen casos nos últimos 7 días foi de 179. Isto supón un aumento en tres concellos a 14 días e unha diminución en 4 concellos a 7 días desde hai unha semana, que era de 135 e 175, a 14 e 7 días.

Entre o 16 e o 22 de abril realizáronse 65.263 probas diagnósticas de infección activa polo virus SARS-CoV-2 (49.593 PCR e 15.760 tests de antíxenos), cunha porcentaxe de positividade do 2,46, practicamente a mesma porcentaxe que a de entre o 9 e 15 de abril, en que era do 2,40 %.

A incidencia acumulada a 7 e 14 días é de 50 e 97 casos por cen mil habitantes, respectivamente, valores lixeiramente superiores aos observados hai 7 días, en que eran de 47 e 89 casos por cen mil habitantes, respectivamente, o que significa un aumento do 6 % e do 8 % aos 7 días e 14 días, respectivamente.

A tendencia diaria mostra, desde o 28 de decembro, tres tramos, un deles con tendencia oposta, primeiro crecente a un ritmo do 7,1 % ata o 22 de xaneiro e despois unha primeira decrecente cunha porcentaxe de cambio diario de -6 % e outro, cun aumento máis lento que semella máis unha estabilización, cunha porcentaxe de cambio diario de 0,9 %.

No que se refire á situación das áreas sanitarias, as taxas a 14 días das áreas están entre os 42,05 casos por 100.000 habitantes de Ferrol e os 139,94 de Vigo.

As taxas de incidencia a 14 días aumentaron con respecto a hai unha semana, agás nas áreas de Ferrol e Lugo, onde diminuíron. As áreas sanitarias da Coruña, Pontevedra e Vigo superan os 100 casos por 100.000 habitantes. Aumentaron todas as áreas a súa incidencia a 7 días, agás as áreas sanitarias de Ferrol, Lugo e Pontevedra.

No que respecta á hospitalización dos casos COVID-19, a media de pacientes COVID-19 en hospitalización de agudos nos últimos 7 días foi de 153,4, o que significa un descenso do -1,2 % con respecto a hai sete días. A taxa de pacientes COVID-19 en hospitalización de agudos é de 5,7 ingresados por 100.000 habitantes, cun descenso, tamén, do -1,2 % con respecto a hai 7 días.

En canto aos ingresos COVID-19 nas unidades de críticos (UCI) nos últimos 7 días, a media foi de 40,0 e a taxa a 7 días de ingresados nas UCI é de 1,5 ingresados por 100.000 habitantes, o que supón un descenso do 45,1 % con respecto a hai sete días, tanto na media como na taxa.

En canto á situación epidemiolóxica dos concellos de Galicia, naqueles con poboación igual ou maior de 10.000 habitantes (54), 3 presentan unha taxa de incidencia a 14 días igual ou superior aos 250 casos por cen mil habitantes, os mesmos que hai unha semana. Estes concellos son O Grove, Marín e Vilanova de Arousa.

No que se refire aos concellos de menos de 10.000 habitantes (259), 11 presentan unha taxa de incidencia a 14 días igual ou superior aos 250 casos por cen mil habitantes, 2 menos que no informe anterior. Acádanse taxas de incidencia iguais ou maiores de 500 casos por cen mil habitantes en 6 destes concellos.

En canto ás comarcas, están no nivel medio: Vigo, O Salnés, O Morrazo, Valdeorras, Chantada, Muros e Bergantiños, cun día en nivel medio. Estaría no nivel alto A Baixa Limia. Baixaron ao nivel medio Meira (hai 3 días) e Verín (1 día).

Baixaron ao nivel medio baixo as de Quiroga (hai 5 días), A Mariña Oriental (desde hai 4 días), O Condado (3 días); A Barbanza (desde hai 2 días) e Chantada, que baixou 1 día, volveu ao nivel medio no seguinte e agora leva 2 día en medio baixo.

O informe conclúe que a tendencia da taxa de incidencia está a ascender, pero moi lentamente, desde o cambio de tendencia observado a partir do 7 de marzo. Igualmente, obsérvase un lixeiro aumento na Rt no global de Galicia, que está por riba do 1.

A taxa de incidencia a 14 días, no global de Galicia, segue por debaixo dos 100 casos por cen mil habitantes, pero estase a achegar. As áreas sanitarias da Coruña, Pontevedra e Vigo presentan unha incidencia superior aos 100 casos por cen mil habitantes.

No que atinxe aos concellos de máis de 10.000 habitantes, hai tres concellos con taxas de incidencia iguais ou superiores a 250 por cen mil habitantes. Nos de menos de 10.000, hai 11 concellos que superan unha taxa de incidencia de 250 por cen mil habitantes, e 6 deles cunha taxa a 14 días superior aos 500 c/105h.

O informe segue a destacar que o feito de que a cepa que está a circular, fundamentalmente, sexa a cepa británica pode influír nun aumento da transmisión, ao cal se suma a aparición de novas variantes como a P1 do Brasil e a de Suráfrica, tamén máis transmisibles.

A ocupación por pacientes COVID-19 na hospitalización de agudos e unidades de coidados críticos segue a diminuír.

Non se debe esquecer que nos encontramos nun contexto de desescalada que debe ser gradual, progresiva e segura, guiada polo principio de prudencia, para evitar así comprometer os logros acadados. Galicia conta cunha poboación especialmente envellecida e no noso territorio o virus circulou menos que noutros territorios do Estado, polo que existe un menor nivel de inmunidade natural, á espera de que o proceso de vacinación en marcha acade os resultados esperados. Resulta imprescindible ser cautelosos e consolidar no tempo as medidas adoptadas recentemente, de tal xeito que sexa posible ir analizando e reaccionando fronte aos efectos que delas deriven.

O criterio utilizado para aplicar os niveis de restrición aos concellos, ademais do da situación sanitaria, é o da taxa de incidencia segundo os casos por cada cen mil habitantes a 14 días, situando o nivel medio baixo por debaixo de 150; o medio, entre 150 e por debaixo de 250; o alto, entre 250 e por debaixo de 500, e o máximo, na cifra de 500. Así mesmo, co obxecto de reaccionar con rapidez e eficacia fronte aos gromos, utilízase tamén como criterio o da taxa de incidencia a 7 días. A análise da situación de cada concello prevese coa consideración de criterios demográficos, pois debe terse en conta que en concellos de escasa poboación poucos casos poden dar lugar a taxas moi elevadas, que deben ser postas no debido contexto, e co estudo polos servizos de saúde pública e polo comité e subcomité clínico das características específicas de cada gromo. Téñense en conta, ademais, outros criterios tales como a existencia de gromos non controlados ou de casos sen vínculo epidemiolóxico, así como o feito de que non se observe unha melloría clara na evolución da situación epidemiolóxica, unido a unha tendencia nas súas taxas que non vai claramente en descenso.

Por conseguinte, en vista do indicado no citado informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, e tras escoitar as recomendacións do Comité Clínico reunido para estes efectos, coa situación epidemiolóxica e sanitaria da Comunidade Autónoma de Galicia, formúlanse as seguintes propostas:

Manteríanse neste nivel máximo de restricións os concellos de Carballeda de Valdeorras e Cualedro (Área Sanitaria de Ourense) debido ás súas taxas de incidencia a 7 e 14 días.

Tamén se propón manter neste nivel máximo de restrición, aínda que as súas taxas indican un nivel alto, o concello de Vilanova de Arousa, debido a que non leva o tempo suficiente neste nivel para asegurar que a evolución da súa situación epidemiolóxica é a axeitada para garantir a diminución da transmisión da infección neste concello, que foi ascendendo de nivel sucesivamente. Cómpre sinalar tamén que hai que ter en conta que este concello está nunha comarca, a do Salnés, cunha situación epidemiolóxica desfavorable desde hai 3 semanas.

Manteríanse no nivel alto de restricións, no cal xa están na actualidade, polas súas taxas a 7 e/ou 14 días, os concellos de Meira (Área Sanitaria de Lugo); Petín (Área Sanitaria de Ourense) e Ribadumia e Marín (Área Sanitaria de Pontevedra).

Tamén se propón manter neste nivel os concellos de Meaño e Meis da Área Sanitaria de Pontevedra, malia que as súas taxas indican que poderían baixar ao nivel medio. As razóns encóntranse no feito de non levar o tempo suficiente neste nivel para asegurar que a evolución da súa situación epidemiolóxica se estabiliza a un claro descenso da súa incidencia. Así mesmo, cómpre sinalar que se encontran na comarca do Salnés que, como xa se indicou, presenta unha situación epidemiolóxica desfavorable.

Tamén se manterían neste nivel alto os concellos de Cambre (Área Sanitaria da Coruña) e de Ponteareas (Área Sanitaria de Vigo), en vez de descender ao nivel medio que lles correspondería polas súas taxas. O motivo está no feito de que non levan o tempo suficiente neste nivel, de xeito que se asegure e consolide a boa evolución epidemiolóxica. Igualmente, manteríanse neste nivel alto, aínda que as súas taxas indican un nivel medio, os concellos da Pobra do Caramiñal, que actualmente se encontra no nivel máximo de restricións, e Ribeira, actualmente no nivel alto (Área Sanitaria de Santiago de Compostela), pola necesidade de asegurar que o nivel que indican as súas taxas se consolida nos vindeiros días, xa que se encontran nunha comarca, a da Barbanza, especialmente afectada e na cal se está a dar circulación das cepas británica e surafricana, especialmente transmisibles.

Proponse, ademais, que se manteña neste nivel alto o concello de Muíños, da Área Sanitaria de Ourense, en vez de aumentalo ao máximo tal como indican as súas taxas, xa que os casos que se están a dar neste concello forman parte dun gromo cunha boa evolución.

Proponse aumentar a este nivel alto o concello da Merca, da Área Sanitaria de Ourense, tal como indican as súas taxas a 7 días. Así mesmo, proponse aumentar a este nivel alto, en vez de ao máximo, tal como indican as súas taxas, o concello de Verea, tamén da Área Sanitaria de Ourense, debido a que é un concello cun gromo con orixe coñecida e cun tamaño de poboación que fai que uns poucos casos o fagan aumentar de nivel rapidamente, polo que a situación indicaría este nivel a que se propón ascender.

Tamén aumentarían a este nivel alto, tal como indican as súas taxas a 7 e/ou 14 días e polos gromos que se están a desenvolver neles, os concellos de Coristanco, da Área Sanitaria da Coruña, e o concello de Salceda de Caselas, da Área Sanitaria de Vigo.

Ademais, descendería ao nivel alto, desde o máximo actual, o concello do Grove, da Área Sanitaria de Pontevedra, debido á evolución favorable da súa incidencia, tal como indican as súas taxas e por pasar xa tempo suficiente no nivel máximo de restrición, o que permite baixalo a este nivel.

Por outra banda, proponse manter no nivel medio, tal como indican as súas taxas de incidencia a 7 e/ou 14 días ou, nalgún deles, por non levar tempo suficiente neste nivel, aínda que a súa evolución lles permitise baixalos ao nivel medio baixo, como acontece nos concellos de Barreiros, Cartelle e Lobios, con 0 ou 1 caso a 7 días, os concellos de Carral (Área Sanitaria da Coruña); Barreiros e Chantada (Área Sanitaria de Lugo); Cartelle, Lobios e Verín (Área Sanitaria de Ourense), Cambados (Área Sanitaria de Pontevedra), e os concellos de Cangas, Gondomar e Vigo (Área Sanitaria de Vigo).

Manteríanse neste nivel medio, en vez de descendelos ao nivel medio baixo, tal como indican as súas taxas, os concellos de Rianxo (Área Sanitaria de Santiago de Compostela) e Poio e Vilagarcía de Arousa (Área Sanitaria de Pontevedra). As razóns desta decisión estriban en que non levan tempo suficiente neste nivel para garantir a súa boa evolución da situación epidemiolóxica, ademais de encontrarse nas comarcas da Barbanza e O Salnés, das cales xa se comentou que presentan unha situación epidemiolóxica complicada.

Tamén se mantería neste nivel medio en que está na actualidade, en vez de aumentalo ao máximo que lle correspondería polas súas taxas, o concello de Trabada, da Área Sanitaria de Lugo, porque se trata dun gromo de orixe coñecida, controlado e con boa evolución.

No que respecta ao concello de Carnota, da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, manteríase no nivel medio actual, en vez de aumentalo ao nivel alto que lle corresponde polas súas taxas, dado que, ao igual que o anterior concello, os casos pertencen a un gromo controlado e, igualmente, con boa evolución.

Proponse manter no nivel medio actual, en vez de baixar ao nivel medio baixo que lle corresponde polas súas taxas, o concello de Sanxenxo, da Área Sanitaria de Pontevedra, debido á necesidade de asegurar que a situación epidemiolóxica do concello se estabiliza por encontrarse na comarca do Salnés, cos seus concellos en diferentes niveis de restrición.

Igualmente, aumentarían ao nivel medio, tal como indican as súas taxas a 7 e/ou 14 días, os concellos da Laracha, Betanzos e Carballo (Área Sanitaria da Coruña); Ares (Área Sanitaria de Ferrol); Xinzo de Limia (Área Sanitaria de Ourense), e os de Nigrán e Tui (Área Sanitaria de Vigo).

Proponse aumentar ao nivel medio de restrición, en lugar de ao máximo que lle correspondería polas taxas a 7 e 14 días, o concello de Mesía, xa que os casos se deben a un gromo con orixe coñecida e perfectamente controlado.

Igualmente, aumentaría ao nivel medio o concello do Porriño, da Área Sanitaria de Vigo, debido a que, aínda que as súas taxas non indican este nivel, a situación epidemiolóxica deste concello está a evolucionar mal desde hai varios días e se están a desenvolver gromos que indican o empeoramento da súa situación nos vindeiros días.

Tamén se propón descender ao nivel medio, a pesar de que as súas taxas indican un nivel máximo e actualmente se encontra no nivel alto, o concello de Lobeira, da Área Sanitaria de Ourense, debido á boa evolución do gromo que alí se estaba a desenvolver, do cal xa non hai casos nos últimos 7 días, ao tratarse, ademais, dun concello cun pequeno tamaño de poboación que aumenta as súas taxas con facilidade.

Por último, baixaría ao nivel medio desde o nivel alto actual o concello do Barco de Valdeorras, da Área Sanitaria de Ourense malia que as súas taxas indican un nivel medio baixo, debido á necesidade de asegurar que a súa evolución epidemiolóxica se consolida e, así mesmo, por encontrarse nunha comarca, a de Valdeorras, que leva tempo cunha situación epidemiolóxica complicada.

O resto dos concellos de Galicia permanecen no nivel medio baixo de restricións, con base nos criterios reflectidos anteriormente ou á espera de comprobar a evolución da súa situación epidemiolóxica.

Debe insistirse, en particular, en que as medidas resultan adecuadas e eficaces de acordo cos datos expostos sobre a evolución da situación epidemiolóxica e, polo tanto, útiles para acadar o fin proposto de protección da saúde pública, na espera de que a campaña de vacinación acade os resultados que se perseguen. Debe ponderarse que aínda non estamos en niveis de transmisión que se poidan entender de risco baixo.

Así mesmo, debe manterse a protección do sistema sanitario. As medidas de limitación de determinadas actividades resultan necesarias, adecuadas e proporcionadas para o fin perseguido, que non é outro que controlar e evitar a maior difusión dunha enfermidade altamente contaxiosa respecto da cal a diferenza entre persoas enfermas e sas resulta difusa, dada a posible asintomatoloxía ou levidade dos síntomas e a existencia dun período no cal non hai indicios externos da enfermidade.

En concreto, trátase de evitar especialmente aglomeracións ou encontros entre persoas, co fin de garantir o mantemento da distancia de seguridade e reducir o risco de contacto físico ou proximidade en condicións favorecedoras do contaxio. Debe lembrarse, neste sentido, que o Auto 40/2020, do 30 de abril, do Tribunal Constitucional, no seu fundamento xurídico cuarto, ao ponderar a relevancia das especiais circunstancias derivadas da crise sanitaria creada pola pandemia no exercicio do dereito de reunión, salientou como, ante a incerteza sobre as formas de contaxio, sobre o impacto real da propagación do virus, así como sobre as consecuencias a medio e longo prazo para a saúde das persoas que se viron afectadas, as medidas de distanciamento social e de limitación extrema dos contactos e actividades grupais son as únicas que se demostraron eficaces para limitar os efectos dunha pandemia de dimensións descoñecidas ata a data. Deste modo, as medidas de limitación de determinadas actividades van dirixidas a limitar os contactos e a interacción social e, polo tanto, a transmisión da enfermidade, en situacións nas cales cabe apreciar un maior risco polas circunstancias en que se realizan, especialmente en lugares pechados.

Tendo en conta o exposto, e tras escoitar as recomendacións do Comité Clínico reunido para estes efectos, e visto o informe da Dirección Xeral de Saúde Pública, procede reiterar as medidas xa aprobadas coas modificacións previstas na presente orde.

IV

As medidas que se adoptan nesta orde teñen o seu fundamento normativo na Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de medidas especiais en materia de saúde pública; no artigo 26 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; nos artigos 27.2 e 54 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, e nos artigos 34 a 38 ter da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, a persoa titular da Consellería de Sanidade ten a condición de autoridade sanitaria, polo que é competente para adoptar as medidas de prevención específicas para facer fronte ao risco sanitario derivado da situación epidemiolóxica existente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa urxencia que a protección da saúde pública demanda.

Na súa virtude, en aplicación do punto sexto do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, na súa redacción vixente, e na condición de autoridade sanitaria, conforme o artigo 33 da Lei 8/2008, do 10 de xullo,

DISPOÑO:

Primeiro. Modifícase o anexo II da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado segundo o anexo desta orde

Segundo. Eficacia

As medidas previstas nesta orde terán efectos desde as 00.00 horas do día 30 de abril de 2021. Non obstante o anterior, en cumprimento dos principios de necesidade e de proporcionalidade, serán obxecto de seguimento e avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria. Como consecuencia deste seguimento e avaliación, as medidas poderán ser modificadas ou levantadas mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO II

A) Concellos con nivel de restrición máxima.

Carballeda de Valdeorras

Cualedro

Vilanova de Arousa

B) Concellos con nivel de restrición alta.

Cambre

Coristanco

Grove (O)

Marín

Meaño

Meira

Meis

Merca (A)

Muíños

Petín

Pobra do Caramiñal (A)

Ponteareas

Ribadumia

Ribeira

Salceda de Caselas

Verea

C) Concellos con nivel de restrición media.

Ares

Barco de Valdeorras (O)

Barreiros

Betanzos

Cambados

Cangas

Carballo

Carnota

Carral

Cartelle

Chantada

Gondomar

Laracha (A)

Lobios

Lobeira

Mesía

Nigrán

Poio

Porriño (O)

Rianxo

Sanxenxo

Trabada

Tui

Verín

Vigo

Vilagarcía de Arousa

Xinzo de Limia

D) Concellos con nivel de restrición media baixa.

Abadín

Abegondo

Agolada

Alfoz

Allariz

Ames

Amoeiro

Antas de Ulla

Aranga

Arbo

Arnoia (A)

Arteixo

Arzúa

Avión

Baiona

Baleira

Baltar

Bande

Baña (A)

Baños de Molgas

Baralla

Barbadás

Barro

Beade

Beariz

Becerreá

Begonte

Bergondo

Blancos (Os)

Boborás

Boiro

Bola (A)

Bolo (O)

Boqueixón

Bóveda

Boimorto

Brión

Bueu

Burela

Cabana de Bergantiños

Cabanas

Caldas de Reis

Calvos de Randín

Camariñas

Campo Lameiro

Cañiza (A)

Capela (A)

Carballeda de Avia

Carballedo

Carballiño (O)

Cariño

Castrelo de Miño

Castrelo do Val

Castro Caldelas

Castro de Rei

Castroverde

Catoira

Cedeira

Cee

Celanova

Cenlle

Cerceda

Cerdedo-Cotobade

Cerdido

Cervantes

Cervo

Chandrexa de Queixa

Coirós

Coles

Corcubión

Corgo (O)

Cortegada

Coruña (A)

Cospeito

Covelo

Crecente

Culleredo

Cuntis

Curtis

Dodro

Dozón

Dumbría

Entrimo

Esgos

Estrada (A)

Fene

Ferrol

Fisterra

Folgoso do Courel

Fonsagrada (A)

Forcarei

Fornelos de Montes

Foz

Frades

Friol

Gomesende

Guarda (A)

Gudiña (A)

Guitiriz

Guntín

Illa de Arousa (A)

Incio (O)

Irixo (O)

Irixoa

Lalín

Lama (A)

Láncara

Larouco

Laxe

Laza

Leiro

Lourenzá

Lousame

Lugo

Maceda

Malpica de Bergantiños

Manzaneda

Mañón

Maside

Mazaricos

Melide

Melón

Mezquita (A)

Miño

Moaña

Moeche

Mondariz-Balneario

Mondariz

Mondoñedo

Monfero

Monforte de Lemos

Montederramo

Monterrei

Monterroso

Moraña

Mos

Mugardos

Muras

Muros

Muxía

Narón

Navia de Suarna

Neda

Negreira

Negueira de Muñiz

Neves (As)

Nogais (As)

Nogueira de Ramuín

Noia

Oia

Oímbra

Oleiros

Ordes

Oroso

Ortigueira

Ourense

Ourol

Outeiro de Rei

Outes

Oza-Cesuras

Paderne de Allariz

Paderne

Padrenda

Padrón

Palas de Rei

Pantón

Parada de Sil

Paradela

Páramo (O)

Pastoriza (A)

Pazos de Borbén

Pedrafita do Cebreiro

Pereiro de Aguiar (O)

Peroxa (A)

Pino (O)

Piñor

Pobra de Trives (A)

Pobra do Brollón (A)

Pol

Ponte Caldelas

Pontecesures

Ponteceso

Pontedeume

Pontedeva

Pontenova (A)

Pontes de García Rodríguez (As)

Pontevedra

Porqueira

Portas

Porto do Son

Portomarín

Punxín

Quintela de Leirado

Quiroga

Rábade

Rairiz de Veiga

Ramirás

Redondela

Ribadavia

Ribadeo

Ribas de Sil

Ribeira de Piquín

Riós

Riotorto

Rodeiro

Rois

Rosal (O)

Rúa (A)

Rubiá

Sada

Salvaterra de Miño

Samos

San Amaro

San Cibrao das Viñas

San Cristovo de Cea

San Sadurniño

San Xoán de Río

Sandiás

Santa Comba

Santiago de Compostela

Santiso

Sarreaus

Sarria

Saviñao (O)

Silleda

Sober

Sobrado

Somozas (As)

Soutomaior

Taboada

Taboadela

Teixeira (A)

Teo

Toén

Tomiño

Toques

Tordoia

Touro

Trasmiras

Trazo

Triacastela

Val do Dubra

Valadouro (O)

Valdoviño

Valga

Vedra

Veiga (A)

Viana do Bolo

Vicedo (O)

Vilaboa

Vila de Cruces

Vilalba

Vilamarín

Vilamartín de Valdeorras

Vilar de Barrio

Vilar de Santos

Vilardevós

Vilariño de Conso

Vilarmaior

Vilasantar

Vimianzo

Viveiro

Xermade

Xove

Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Espadanedo

Zas