Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130-Bis Venres, 9 de xullo de 2021 Páx. 35253

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 8 de xullo de 2021 pola que se prorroga a eficacia e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e pola que se modifica a Orde do 1 de xullo de 2021, pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

Advertidos erros no Diario Oficial de Galicia número 129 bis, do xoves 8 de xullo de 2021, cómpre facer as seguintes correccións:

Nas páxinas 34981 e 34982, onde di:

«5. Os espectáculos musicais ao aire libre con público sentado, cuxo número de asistentes sexa inferior a mil persoas, rexeranse polo disposto no número 1.

Unicamente se poderán celebrar espectáculos musicais ao aire libre con público de pé ou ben con público sentado cando, neste último suposto, o número de asistentes sexa superior a mil persoas, nos concellos enumerados na letra D do anexo II, sempre e cando o mesmo día do evento as taxas de incidencia acumulada a 7 e 14 días na Comunidade Autónoma de Galicia sexan menores a 75 e 150 casos por cada 100.000 habitantes respectivamente.

A estes espectáculos musicais ao aire libre seranlles de aplicación os protocolos publicados no seguinte enderezo electrónico: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Espectaculos-musicais-aire-libre».

Debe dicir:

«5. Aos espectáculos musicais ao aire libre con público sentado ou con público de pé seranlles de aplicación os protocolos publicados no seguinte enderezo electrónico: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Espectaculos-musicais-aire-libre».