María José Gómez ensalza la calidad de los animales de rojiza gallega criados en el CIAM y anima a los ganaderos a participar en la subasta del viernes

Se trata de la tercera subasta que se realiza con animales de esta raza autóctona debido al alto número de animales con los que cuenta el CIAM derivado de sus actividades de investigación y mejora genética

El objetivo de esta enajenación es facilitar a los ganaderos la adquisición de ejemplares de alta calidad el que, al tiempo, les va a permitir ampliar y diversificar sus producciones, haciendo las explotaciones más rentables

Abegondo (A Coruña), 7 de xullo de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, visitou hoxe o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), onde enxalzou a calidade xenética dos 44 exemplares de raza Rubia Galega criados neste centro e que se van allear este venres ás 11.30 horas; e animou aos gandeiros a participar na poxa. Trátase do terceiro alleamento que se realiza con reses desta raza autóctona debido ao alto número de animais cos que conta o CIAM, derivado das súas actividades de investigación e mellora xenética.

Polo tanto, o obxectivo desta iniciativa é facilitar aos gandeiros a adquisición de exemplares de alta calidade o que, ao tempo, lles vai ampliar e diversificar as súas producións, facendo as explotacións máis rendibles. Cabe sinalar que estes animais están certificados por expertos.

Gómez lembrou que as persoas interesadas en revisar de xeito presencial estes animais antes de participar na poxa poderán facelo no día de mañá e o xoves; así como o propio venres antes do alleamento. A información dos lotes pode consultarse na web da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e a inscrición deberá realizarse a través da sede electrónica da Xunta.

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

O CIAM realiza un labor moi destacado na conservación e investigación desta raza autóctona e que contribúe de xeito directo a preservala e potenciala. A maiores, levan a cabo un importante traballo en innovación noutros eidos, como é o caso da mellora xenética agrícola; a conservación e caracterización dos recursos fitoxenéticos; no diagnóstico e epidemioloxía das enfermidades recorrentes do ámbito gandeiro ou en proxectos como a recuperación do liño galego, que se presentou recentemente.

Así, o CIAM é un dos centros de referencia máis destacados no ámbito da investigación agroalimentaria en Galicia, tanto pola súa actividade científica como pola posterior transferencia e difusión de coñecemento ao sector agrario.

Imágenes relacionadas

Fecha de actualización: 07/07/2026