Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afectou o Parque Natural do Xurés
Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 0,18 hectáreas de monte raso
A Consellería do Medio Rural informa de que quedou extinguido a pasada noite o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín.
O lume, que se iniciara en tres focos diferentes ás 20,45 h. de onte, foi extinguido ás 22,50 h. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 0,18 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No seu control participaron en total 1 axente, 4 brigadas e 2 motobombas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.