O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co presidente da AECC Ourense
2021-11-05
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2021/Novembro/semana-01/110521AECC2.jpg
Ourense, 05 de novembro de 2021.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibiu esta mañá ao novo presidente da AECC Ourense (Asociación Española contra o cancro) , Germán Rodríguez-Sáa, a quen agradeceu o labor que esta entidade está a levar a cabo en Ourense.
Gabriel Alén aproveitou a xuntanza para escoitar de primeira man as actividades e programas nos que esta asociación está a traballar, así como cales son os seus proxectos de futuro a prol das persoas e familiares que sofren esta enfermidade.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes