O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Verea
Alén Castro analizou co rexedor do municipio os temas relacionados coa administración autonómica
2021-11-12
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2021/Novembro/semana-02/Verea2.jpg
Ourense, 12 de novembro de 2021
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá o concello de Verea, onde mantivo un encontro co seu rexedor, José Antonio Pérez, co que analizou as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica.
Gabriel Alén tivo a ocasión de analizar xunto ao seu rexedor temas prioritarios para o municipio en materia de medio rural e social, entre outros.
Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes