Conde aborda cos estudantes do colexio Maior San Agustín os retos de futuro aos que se enfronta Galicia
2022-05-03
https://multimedia.xunta.gal/portal-web/Imaxes/Novas/2022/Maio/semana-01/20220503CondeCMSanAgustin4.jpg
Santiago de Compostela, 3 de maio de 2022
O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro con estudantes do Colexio Maior Universitario San Agustín, en Santiago de Compostela.
Na xuntanza, Conde e os alumnos e alumnas compartiron as súas impresións sobre a situación económica e social actual e os retos aos que se enfronta Galicia, entre eles a transición ecolóxica e dixital.
Departamento:
C. de Economía e Industria