Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

15/09/21 | 11:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Hoxe comeza o curso nos 80 centros que ofertan ensinanzas secundarias na provincia de Lugo

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, gaba no IES Ánxel Fole o esforzo da comunidade educativa no cumprimento dos protocolos de adaptación ao covid-19

14/09/21 | 14:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura inaugura este sábado o ciclo de concertos didácticos 'Camiños de Músicas'

Enmarcado na programación do Xacobeo 21-22 da Xunta, o ciclo procura achegar ao público familiar as distintas sonoridades que conviven nos camiños a Santiago

14/09/21 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

‘Marín é musica’ ofrece o único concerto de Rayden este ano en Galicia dentro da programación do Xacobeo 21-22

A Xunta apoia a primeira edición deste evento a través da liña extraordinaria de axudas do Plan de reactivación do sector cultural para espectáculos musicais de promotoras afectadas economicamente pola pandemia

14/09/21 | 14:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán arranca o venres en Santiago co apoio da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación da nova edición que incorpora como novidade o centro cultural de Santa Marta como un dos tres escenarios, sumándose así ao Salón Teatro e o Teatro Principal

14/09/21 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza o ensino cunha inxección de 140M€ e 2.095 docentes para blindar a seguridade sanitaria e a calidade educativa neste curso de transición

Román Rodríguez recalca que o sistema educativo galego vai contar “con todos os recursos necesarios” para manter os estándares acadados na última década

14/09/21 | 11:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e as asociacións de orquestras de verbena planifican o reforzo do apoio ao sector cunha nova serie de concertos dentro do Xacobeo 21-22

O director da Agadic, Jacobo Sutil, e os representantes da Asociación Galega de Orquestras e da Asociación de Empresas da Verbena de Galicia mantiveron onte a terceira das súas reunións semanais para deseñar a ampliación da dotación e do centenar de actuacións e probas piloto incluídas no convenio asinado en xullo

13/09/21 | 17:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as segundas probas de acreditación do Celga do ano 2021

Os exames oficiais dos niveis 2, 3, e 4 realizaranse de forma presencial en Santiago de Compostela e en Ponferrada entre os meses de novembro e decembro.

13/09/21 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Trenor destaca un investimento de case 8 millóns de euros para 87 obras de mellora en centros educativos da comarca da Coruña

Gonzalo Trenor supervisou o avance das obras de rehabilitación integral do CEIP San Marcos de Abegondo que recibiu un investimento de máis de 820.000 euros

13/09/21 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 200.000 estudantes de ESO, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime Especial comezan o curso este mércores

Aínda que os datos son provisionais, destaca un incremento de case 3.000 alumnos nas ensinanzas de Formación Profesional, ao abeiro da consolidación da modalidade Dual e da implantación dos novos másteres de FP

13/09/21 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha unha nova fase de escavación no xacemento arqueolóxico de Proendos

Os traballos prolongaranse durante dúas semanas e van consistir na apertura do hórreo romano aínda sen escavar e na comprobación da existencia dun posible columbario