Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Biblioteca de Galicia retoma este venres o ciclo '10 anos, 10 autores, 10 libros' coa escritora Fina Casalderrey
A primeira xornada de setembro do ciclo coa que o centro celebra o seu décimo aniversario será ás 19,00 horas e a autora afondará no libro ‘Retrincos’, de Castelao
O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo da Xunta impulsa esta fin de semana un encontro de artistas, arquitectos, científicos e escritores en Fisterra
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Cooperativa Performa presentaron hoxe Des-enfocar Fisterra que se celebrará os días 4 e 5 de setembro
A exposición 'As miradas de Isaac' despide a súa estancia na Coruña con máis de 4.000 visitas e viaxa agora a Vigo
Organizada pola Xunta de Galicia, pechou onte as súas portas tras pasar pola sede coruñesa de Afundación e a Cidade da Cultura en Santiago
Román Rodríguez agradece o esforzo feito polos organizadores do Resurrection Fest para reencontrarse co público
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade asistiu á segunda xornada do festival que se desenvolve ata mañá nun formato adaptado ás medidas sanitarias
Román Rodríguez anuncia un investimento de 225.000€ para un centro que divulgue o pasado romano de Bueu
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade visitou hoxe o Museo Massó onde informou da colaboración co Concello para musealizar os restos atopados na escavación da Pescadoira que inclúen vestixios dunha fábrica de salgadura do S. II D.C.
Román Rodríguez anuncia que a Xunta duplicará as axudas ás ANPAS que xestionan comedores
— O importe das subvencións, que xa se poden solicitar, elévase ata os 1,2M€
Avanza que o luns reunirase o Consello Escolar para preparar a volta ás aulas
A Xunta inviste este ano 3,3M€ en melloras en centros escolares da comarca do Morrazo
A actuación de Moaña enmárcase nun paquete de catro proxectos que se están a licitar na comarca, por importe de máis de 1,7M€
O programa 'Propulsa danza' da Xunta despídese mañá en Ponteareas, tras chegar a máis de 2000 persoas con 27 espectáculos en toda Galicia
O Castro de Troña acolle a última sesión da iniciativa, con 8km en mula, de Álvaro Murillo; A temperatura O temperamento, de Fran Martínez; Emakumeak, de NODE, e Coreografías dun DeMente, de Fran Sieira Compañía de Danza
A Xunta apoia o cartel musical do Festival dos Eidos no seu regreso a Parada do Courel
O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou o recinto do evento, que arranca esta tarde na casa natal do poeta Uxío Novoneyra
A Xunta licita a rehabilitación integral do colexio Mestre Rodríguez Xixirei de Santiago
A actuación conta cun prazo de execución de cinco meses e céntrase na mellora da eficiencia enerxética