Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta convoca axudas para a celebración de festivais, certames e feiras culturais de carácter afeccionado
O Diario Oficial de Galicia publica estas subvencións dirixidas a institucións sen fins de lucro, entidades locais e agrupacións de concellos
Volve ‘Monumenta’, o programa da Xunta que combina rutas a pé con actividades culturais
Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe no Mosteiro de Carboeiro (Silleda) os novos itinerarios, centrados moitos deles nas rutas de peregrinación a Santiago co gallo do Xacobeo
A Xunta colabora con Francia, Italia, Portugal nun proxecto para afondar no coñecemento do patrimonio cultural desde a perspectiva educativa
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, recibiu aos participantes do proxecto ‘Habitando os Camiños a Compostela: educación patrimonial en entornos virtuais de aprendizaxe’
O festival Bal y Gay levará 10 concertos de música clásica á Mariña Lucense en agosto co apoio da Xunta
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participan hoxe en Foz na presentación dos concertos do vindeiro mes
A Xunta convida ás familias a gozar de tardes de teatro, contos, circo, xogos e maxia con ‘Verán no Gaiás’
Do 21 de xullo ao 18 de agosto, este ciclo enche de actividades familiares as tardes dos mércores na Cidade da Cultura
Anxo M. Lorenzo destaca o papel divulgador e normalizador do ‘Atlas Lingüístico de Galicia’
O secretario Xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na Coruña no acto de presentación do novo volume da Biblioteca Filolóxica Galega, integrada por traballos do Instituto da Lingua Galega e publicada pola Fundación Barrié e a Universidade de Santiago de Compostela co apoio da Xunta
A Xunta promove Galicia como destino musical seguro a través dos 13 festivais da marca FEST Galicia
Román Rodríguez salienta a calidade da oferta na presentación da nova temporada desta iniciativa, impulsada polo Goberno galego desde 2018 para apoiar unha serie de eventos musicais seleccionados pola súa traxectoria, profesionalidade e calidade
A Xunta e a Conferencia de Reitores da rede CRUSOE alíanse para que Galicia lidere en Europa a transformación dixital do patrimonio do Camiño
O Goberno autonómico apoia esta iniciativa que aspira a captar fondos europeos e está impulsada por este grupo de referencia en materia e innovación e investigación do que forman parte 23 centros de España e Portugal
Román Rodríguez salienta que o momento do audiovisual galego aínda non tocou teito na súa visita á rodaxe da serie ‘Operación marea negra’
O conselleiro asistiu á gravación de diferentes escenas, dirixidas por Daniel Calparsoro e a cargo dos actores Álex González, David Trejos e Leandro Firmino