Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Román Rodríguez destaca o compromiso da Xunta coa casa de Rosalía de Castro cun novo investimento para rehabilitar o auditorio no seu 50ª aniversario
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e o presidente da Fundación Rosalía de Castro asinaron un convenio de colaboración por 100.000 euros
O ‘Atardecer no Gaiás’ comeza unha nova semana co son urbano de Recycled J e esgota as 788 localidades dispoñibles
As entradas para este concerto esgotáronse unhas horas despois de saíren á venda
A Rede Galega de Teatros e Auditorios programa a partir de setembro 10 funcións na comarca viguesa
O circuíto da Xunta encara o segundo semestre de actividade, no que ofrecerá 209 actuacións en 36 concellos de toda Galicia a cargo de preto de 100 formacións
A Xunta leva a Pontevedra a mostra homenaxe a Xela Arias 'Asinamos a ser libres'
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición itinerante na Biblioteca Pública Antonio Odriozola, onde permanecerá ata o 28 de xullo
A Xunta contribúea á quinta edición do 17º Ribeira Sacra Festival a través de Fest Galicia e o Xacobeo 21-22
O Goberno galego inviste 840.000 euros nos festivais profesionais de música mediante a marca coa que promociona Galicia como destino musical de calidade e a convocatoria anual de subvencións
O Centro Dramático Galego asume a produción de dous novos espectáculos dirixidos por Cándido Pazó e Marta Pazos
Trátase dunha nova aposta da unidade de produción teatral da Xunta polos clásicos, cunha adaptación de A peste de Camus, e pola dramaturxia galega, a partir do texto de AveLina Pérez Ás 8 da tarde cando morren as nais
Román Rodríguez destaca o alto grado de execución do Plan Ribeira Sacra no seu primeiro ano pese á covid
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade informou no Parlamento de Galicia que a Xunta executou o 90% das actuacións previstas para 2020
Feijóo destaca na inauguración da mostra Galicia Futura a capacidade dos galegos para evolucionar a través do cambio tranquilo, capaz de sintetizar tradición e progreso
Afirma que se a historia de Galicia é a historia dun cambio exitoso, débese a esa capacidade para acompasar a evolución de cada un dos galegos coa evolución do país no seu conxunto
A demanda de praza para ciclos de Formación Profesional medra un 9,5% para o vindeiro curso
Na convocatoria de xullo rexistráronse un total de 42.800 solicitudes fronte ás 39.000 do curso pasado, cunha dinámica á alza que se dá en modalidades formativas tanto dos ciclos medios coma dos superiores