Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

25/06/21 | 10:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo para solicitar praza nos 13 novos másteres de FP e en 99 proxectos de Dual

Tamén se inicia o período de solicitude para os ciclos formativos do réxime ordinario, modular para as persoas adultas e programas formativos básicos

24/06/21 | 18:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a constancia e excelencia dos mellores expedientes da ABAU

O conselleiro de Educación participa na entrega de recoñecementos a estes estudantes no marco do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC

24/06/21 | 15:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba un novo reforzo dos programas de investigación das universidades galegas

Feijóo avanza unha inxección de 9,3 millóns de euros dirixida ás universidades da Coruña e de Vigo, dous convenios aos que se sumará, posteriormente, o da Universidade de Santiago

24/06/21 | 14:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Cámara de Comercio de Santiago forman a medio centenar de mozos emprendedores do eido cultural e creativo

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou a importancia de “apoiar e mellorar a competitividade do sector cultural e dos seus profesionais, especialmente no caso dos mozos e mozas que procuran novas oportunidades de capacitación”

24/06/21 | 14:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A profesora Iria Collazo gaña a primeira bolsa do programa de intercambio de escritores entre Galicia e Xeorxia

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, felicitouna polo seu proxecto, seleccionado entre as dez candidaturas presentadas

24/06/21 | 14:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a internacionalización do audiovisual galego con axudas para a difusión en foros e festivais

Agrúpanse nunha mesma convocatoria, publicada hoxe no DOG, as subvencións para a promoción de traballos seleccionados en recoñecidos certames dunha vintena de países e para a asistencia a mercados profesionais

24/06/21 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén anuncia a licitación das obras da cuberta do patio do CEIP Nosa Señora de Xuvencos no Concello de Boborás

O delegado territorial anunciou a inminente licitación da cuberta do patio do centro escolar por un importe aproximado de 125.000 euros e un prazo de execución de tres meses

24/06/21 | 11:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O DOG publica a orde de axudas a escritores, ilustradores e tradutores para participar en festivais e feiras do libro

Os profesionais poderán recibir entre 250 e 1500€ dependendo do destino e o prazo de solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2021

23/06/21 | 16:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Goberno retomarán os contactos con Icomos en setembro e ampliarán o grupo de traballo na candidatura da Ribeira Sacra

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou no Parlamento de Galicia as actuacións que porán en marcha os técnicos do Ministerio e da Consellería de Cultura para avanzar na declaración como Patrimonio Mundial deste territorio

23/06/21 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Rexistro de Bibliotecas da Xunta de Galicia incorpora máis de 23.000 novos títulos dos centros bibliotecarios de Cenlle, Exponav e a Fundación Granell

O Goberno galego vén de autorizar a súa inscrición tras recibir a petición por parte das propias entidades e comprobar que cumpren os requisitos recollidos na normativa