Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

22/06/21 | 12:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta a capacidade da MITEU para atraer a compañías nacionais e internacionais na súa 26ª edición

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou na presentación desta cita que este ano se celebra entre o 1 e o 15 de xullo con 24 representacións en espazos singulares de Ourense

21/06/21 | 19:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García presenta en Madrid un libro que recompila as pezas audiovisuais sobre o Camiño de Madrid

O volume 'Un camiño de cine Xacobeo' de Pilar Falcón recolle cronolóxicamente o cine feito sobre o fenómeno do Camiño de Santiago

21/06/21 | 19:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o impulso definitivo á dixitalización do ensino galego que supuxo a pandemia

O titular do departamento educativo da Xunta sinala que os cambios derivados destes dous últimos cursos se van consolidar no futuro máis inmediato

21/06/21 | 17:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca a segunda edición dos Premios Innovagal, que recoñecen o compromiso dos centros escolares coa innovación educativa

O obxectivo destes galardóns é poñer en valor o labor de docentes e colexios que desenvolvan enfoques didácticos ou organizativos para dar resposta ás necesidades do alumnado

21/06/21 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Valentín García destaca o traballo feito por Elixio Rivas a favor da lingua galega na homenaxe do colexio San Narciso de Marín

O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación do traballo ‘O reto da recuperación e xeolocalización toponómica de Marín’ en recoñecemento á figura do mestre

21/06/21 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica a Formación Profesional como unha opción educativa estratéxica de cara á recuperación económica

Refírese á FP como un factor fundamental de dinamización laboral cun elevado nivel de empregabilidade, superando nalgúns casos máis do 90%

20/06/21 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía ao conxunto do alumnado as probas de certificación en linguas estranxeiras que ata o de agora se cinguían aos centros plurilingües

Convócanse 5.000 prazas dirixidas ao alumnado de 4º de ESO, Bacharelato e ciclos de Formación Profesional en centros públicos que non forman parte da Rede Plurilingüe

20/06/21 | 12:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás promove a creación artística convocando un concurso para producir unha obra icónica sobre o camiño de Santiago

O seleccionado recibirá 40.000 euros polo deseño, produción e adquisición por parte da Cidade da Cultura da obra, que deberá estar conectada co universo do Xacobeo

19/06/21 | 11:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Luz Casal actuará en xullo no Obradoiro coa Real Filharmonía de Galicia dentro da programación cultural do Xacobeo 21-22

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a diretora de Turismo, Nava Castro, presentaron xunto coa artista o concerto que será o mércores 21 en Santiago

19/06/21 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña a gran oportunidade que supón as maior oferta de educación da historia de Galicia para o reforzo das plantillas de profesorado

Destaca que os docentes “son a peza clave do sistema educativo” sobre a que se asentan as melloras acadadas na última década na educación pública galega