Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3242 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

18/06/21 | 14:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo do Gravado de Ribeira súmase á programación cultural do Xacobeo coa exposición 'No ronsel do Camiño'

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe á inauguración desta mostra que reúne máis de 100 obras dos artistas Miguel Ángel Lombardía, Manuel Facal e Mariano de Souza

18/06/21 | 14:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta achega 7,2M€ á universidade da Coruña para reforzar os procesos de dixitalización e I+D+i

O conselleiro Román Rodríguez e o reitor da UDC, Julio Abalde, asinan un convenio de 2,8M€ para accións de innovación e renovación tecnolóxica, aos que se sumarán outros 4,4M€ que aprobará o Consello da Xunta a vindeira semana

18/06/21 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta estrea os filmes realizados polo alumnado galego do programa internacional ‘cinema en curso’

A Filmoteca de Galicia pechou a edición 2020-2021 coa proxección de catro traballos nos que participaron 70 estudantes de primaria e de secundaria xunto aos directores Xacio Baño, Jaione Camborda, Eloy Domínguez, Marcos Flórez e Ángel Santos

18/06/21 | 12:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Mondoñedo celebrará en verán o festival Mindomúsica para achegar a música clásica ao gran público co apoio da Xunta

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da iniciativa, que será do 28 de xuño ao 4 de xullo en varios emprazamentos, desde a Catedral ás parroquias

18/06/21 | 12:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia con 30.600 euros actividades de animación á lectura en 35 bibliotecas municipais lucenses

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade impulsa distintos programas de colaboración coas entidades locais para dinamizar as bibiliotecas e axencias de lectura

18/06/21 | 12:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia consolida o modelo de FP de excelencia con 13 másteres e case un cento de novos proxectos de Dual

Román Rodríguez destaca na presentación da nova oferta que hoxe “a FP é unha ensinanza de prestixio que abre as portas dos traballos do futuro”

18/06/21 | 11:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta festexará o Día da Música o 26 de xuño con cinco concertos no Gaiás de artistas internacionais

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre porán o peche a este micro festival no que actuarán o oscarizado compositor galego Nico Casal, o grupo vasco-francés Kalakan, o portugués André Henriques e a andaluza Rosario la Tremendita

17/06/21 | 20:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Anxo M. Lorenzo agradece o esforzo da cultura por seguir ofrecendo citas de calidade na inauguración da Feira do Libro de Redondela

O circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Libreiros de Galicia estará desde hoxe ata o domingo coa participación dunha quincena de autores, ilustradores e tradutores

17/06/21 | 19:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a Fundación Xosé Neira Vilas impulsan o libro 'Caderno de Gres' no marco do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación desta obra que se concibe como unha homenaxe conxunta a Xosé Neira Vilas e Isaac Díaz Pardo

17/06/21 | 13:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O IES Lois Peña Novo de Vilalba ensaia o uso de enerxía solar nun vehículo e no propio centro

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, subliñou que o proxecto comezou coa instalación de placas fotovoltaicas, que supoñen un aforro do 20% no consumo enerxético do instituto e unha redución de emisións contaminantes