Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Román Rodríguez recoñece e agradece o esforzo da comunidade educativa, que foi clave para pechar con éxito o primeiro trimestre do curso
O titular de Educación subliñou a especial implicación dos alumnos, dos docentes e dos equipos directivos, grazas aos cales os centros educativos foran lugares seguros ante a covid, xa que as cifras constatan que non houbo transmisión interna
Luisa Piñeiro destaca a capacidade de Galicia para ofrecer destinos, eventos e atractivos turísticos seguros e de gran calidade na súa visita ao Belén Artesanal en Movemento de Valga
A delegada territorial percorre esta cita de Interese Turístico de Galicia na súas vodas de prata co alcalde, José María Bello, e a presidenta da Asociación Cultural Belén de Valga, María del Carmen Castiñeiras
O Centro Ramón Piñeiro publica a primeira base de datos paleográfica da lírica galego-portuguesa
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe no Pazo de San Roque a ferramenta que facilitará o labor do persoal investigador
O historiador Xosé Manuel Núñez Seixas faise co XX Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
O galardón convócano a Xunta de Galicia e mais a Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega
A Xunta homenaxea a Pérez Lugín no 150 aniversario do seu nacemento cunha mostra que repasa o seu vínculo con Compostela
Anxo M. Lorenzo puxo de manifesto a importancia de promover con esta iniciativa o impacto que tivo para a literatura a novela ‘La Casa de la Troya’
A Xunta contribúe á nova carteleira do Principal de Ourense con seis espectáculos da rede de teatros e auditorios
O director da Agadic participou hoxe na presentación da programación que o escenario ourensán acollerá durante o primeiro semestre de 2021, cunha trintena de propostas culturais de música, teatro e danza
Laura Calvo gaña a III edición do Premio de Investigación e Ensaio sobre Arte Contemporánea do CGAC
O galardón, impulsado pola Xunta de Galicia, foi entregado hoxe polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo
A Xunta concede axudas a 28 escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro, o maior número desde que existe a convocatoria
O importe total da convocatoria ascende a 165.000 euros
A Xunta concede os premios de ESO ao esforzo e superación persoal de ESO a 20 estudantes
Valoran a capacidade de superación do alumnado que cursa 4º de Secundaria fronte ás dificultades, ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural
A Xunta investirá máis de 500.000€ no Museo do Pobo Galego en 2021 que permitirán completar o proxecto museográfico
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe no Padroado da institución onde expuxo o compromiso para colaborar na nova etapa tras a súa ampliación