Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

03/12/21 | 13:19 | C. do Medio Rural

A Xunta celebrará a I Mostra de Calidade Alimentaria do 15 ao 17 de decembro no Pazo de Quián de Boqueixón

José González avanzou que o evento acollerá a entrega dos premios Exceleite e os das Catas de Queixos e Meles de Galicia 2021

03/12/21 | 10:45 | C. do Medio Rural

A Xunta chama de novo á colaboración institucional para a prevención dos incendios forestais e lembra que a de Ourense é a única deputación galega implicada

González recordou que a implicación das deputacións é unha obriga moral, pero tamén unha cuestión legal, xa que a normativa de Réxime Local contempla entre as súas competencias a loita contra o lume en concellos de menos de 20.000 habitantes

03/12/21 | 10:01 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición da Fraga dos Cerqueiros e Teixeiro do concello coruñés de Monfero no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

En concreto, inscribiranse 203,26 hectáreas compostas por unha masa de carballos e bidueiros e outras frondosas características do bosque atlántico caducifolio, nos montes de Teixeiro e Fraga de Cerqueiros de titularidade do Goberno galego

02/12/21 | 17:42 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta que as catas dos queixos e dos meles poñen en valor a excelencia destas producións en particular e das do agro galego en xeral

José González salientou a profesionalidade do panel de cata deste concurso, formado por un total de 14 expertos, que elixirán totalmente a cegas aos mellores queixos e meles de Galicia nesta edición

02/12/21 | 10:49 | C. do Medio Rural

A Xunta tramita a inscrición de varios montes de Monterrei e A Veiga no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas

No caso de Monterrei, inscribiranse 156,14 hectáreas compostas por carballos e bidueiros

01/12/21 | 13:18 | C. do Medio Rural
01/12/21 | 11:22 | C. do Medio Rural

A Xunta explica ás entidades de aconsellamento as posibilidades de Conta Láctea para mellorar a posición negociadora dos gandeiros sobre os prezos do leite

Esta aplicación informática, creada polo Goberno galego xunto coa Fundación Juana de Vega ao abeiro da Estratexia de dinamización do sector lácteo, está concibida tamén para facilitar a xestión empresarial das explotacións leiteiras

01/12/21 | 11:09 | C. do Medio Rural

Comezan as catas dos meles e dos queixos de Galicia que organiza a Xunta cos consellos reguladores

No concurso dos queixos participarán un total de 30 queixerías pertencentes ás catro denominacións de orixe protexida con 51 mostras

30/11/21 | 12:54 | C. de Política Social e Igualdade; C. do Medio Rural

A Xunta actúa de xeito transversal e integral na posta en valor da terra agraria e na fixación de poboación no rural para afrontar o reto demográfico

Ambos conselleiros lamentaron a ausencia do secretario general para el Reto Demográfico a un acto que estaba deseñado para mostrarlle os pasos dados polo Goberno galego co gallo de fixar poboación no rural e para apelar á colaboración interadministrativa

30/11/21 | 11:31 | C. do Medio Rural

A Xunta instrúe os técnicos dos seus centros de coordinación de extinción no marco do Plan de formación do servizo antiincendios galego

A iniciativa, que se desenvolve entre este mes e o que vén, céntrase no estudo das situacións sinópticas previas ao inicio do incendio, na análise dos parámetros do comportamento do lume e nas estratexias precisas para lograr a súa extinción