Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destinará máis de medio millón de euros a xestionar a biomasa forestal en 192 hectáreas de faixas secundarias que non estaban limpas en Carnota
José González matizou que estes cartos serán repercutidos aos propietarios pertinentes porque -segundo dixo- todos debemos cumprir a lei co obxectivo de anticiparnos aos incendios forestais
A vindeira semana terán lugar as catas dos meles e os queixos de Galicia que organiza a Xunta cos consellos reguladores
Celebraranse do 1 ao 3 de decembro no hotel A Quinta da Auga, cun panel integrado por 14 catadores profesionais versados no sector
A Xunta inviste preto de 45.000 euros na rehabilitación do forno tradicional da Caridade, en Monterrei
José González salientou que este tipo de investimentos apostan pola defensa e promocións dos valores culturais do pobo galego, actuando no fomento e promoción da cultura e na protección, conservación e difusión do patrimonio cultural
A Xunta traballa na delimitación técnica das áreas cortalume para desenvolver polígonos que freen ou atenúen o avance dos incendios forestais
O subdirector trasladou que estas áreas cortalume están contempladas na Lei de recuperación da terra agraria co fin de xerar descontinuidades da biomasa fronte os lume coa implantación da actividade agrícola, gandeira ou forestal máis idónea
En 2020 a Xunta achegou 7,1 M€ a 141 agricultores e gandeiros de Pontevedra para mellorar as súas explotacións e para a incorporación de mozos
José Balseiros destacou que, destas subvencións, os produtores da comarca do Deza recibiron case o 82%, o que dá idea do peso desta bisbarra no rural galego
A Xunta destaca que a aplicación da Lei de recuperación da terra agraria é unha oportunidade para crear emprego e riqueza en Galicia
Inés Santé debullou os principais retos e oportunidades que se presentan para o agro na actualidade e explicou polo miúdo o contido e alcance desta norma, como panca de desenvolvemento do rural galego
A Xunta declara os primeiros oito perímetros de alto risco de incendios forestais en vías municipais en diversos concellos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural polo que se declaran estes perímetros nos concellos de Bergondo, Carnota, Navia de Suarna, Pantón, Carballeda de Valdeorras, Carballeda de Avia, Campo Lameiro e Crecente
O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo aproba os orzamentos para 2022 con 5,6 M€
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no pleno do Consorcio, no que tamén se acordou a ampliación da plantilla nos parques de bombeiros de Chantada, Sarria e Monforte e melloras nas instalacións dos de Monforte e Barreiros
A Xunta destaca que a Estratexia do viño permitirá consolidar Galicia como destino enoturístico de referencia en viños de calidade
José González sinalou que coa Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia estase a reforzar o desenvolvemento rendible e sostible deste sector produtivo e das súas zonas de produción
A Xunta pon en valor a capacidade de superación das pemes agroalimentarias galegas tras a emerxencia sanitaria
O titular de Medio Rural agradeceu o esforzo das pequenas e medianas empresas en xeral e das agroalimentarias en particular, que foron quen de continuar a súa actividade nunha situación de emerxencia sanitaria e soster a unha comunidade enteira