Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta pagará a partires deste xoves preto de 37 millóns de euros correspondentes ao anticipo das axudas da PAC 2021-2022
Un ano máis Galicia estará entre as primeiras comunidades autónomas que pagarán anticipos das axudas da Política Agraria Común (PAC)
A Xunta fomenta o aproveitamento sustentable de resina nos piñeirais galegos en colaboración con propietarios forestais, resineiros e investigadores
José González destacou que a Consellería do Medio Rural, a través do Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, mantén abertas diferentes liñas de traballo centradas neste aproveitamento da resina
A Xunta avanza na implementación dun polígono agroforestal de preto de 70 ha en Cerdedo-Cotobade para o cultivo de mazá de sidra
A figura abranguería 67,88 hectáreas distribuídas en 1.534 parcelas de 278 propietarios e viría aumentar a produción deste cultivo na comarca de Tabeirós-Terra de Montes
A Xunta aposta pola calidade diferenciada que ofrecen a agricultura e a gandaría ecolóxicas para aumentar a rendibilidade do sector agroalimentario
José Luis Cabarcos fixo fincapé no valor que presentan no mercado o leite ou a carne ecolóxicos, dado que cada vez máis consumidores se interesan por un xeito de producir máis sustentable e respectuoso co medio ambiente
A Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural consolídase como entidade colaboradora para o cumprimento da Lei de recuperación da terra agraria
Tras a sinatura do pertinente convenio, a entidade aconsellará e orientará aos mozos e mozas que se incorporan á actividade agraria e ofrecerá asesoramento a iniciativas de solicitude de polígonos agroforestais ou actuacións de xestión conxunta, no marco da Lei
A Xunta publica o decreto da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia que rexerá a planificación estratéxica do monte da nosa comunidade deica o 2040
Froito dun amplo consenso sectorial e da sociedade galega en xeral, o PFG que publica hoxe o DOG contempla un investimento de 4.900 millóns de euros no monte galego nos próximos vinte anos, incluíndo tanto fondos públicos como financiamento privado
A Xunta colabora na análise do impacto no solo do incendio rexistrado na localidade malagueña de Jubrique
Investigadores do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dependente da Consellería do Medio Rural, desprazáronse ata a zona para avaliar a severidade do lume e o seu impacto no solo e no incremento do risco de erosión
A Xunta investirá 5,3 M€ en 2022 para impulsar ferramentas da Lei de recuperación da terra como os polígonos agroforestais ou as aldeas modelo
José González destacou que a posta en marcha desta norma contribuirá tanto a xerar actividade económica no agro como a fixar poboación, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais
A Xunta comparte cunha delegación do País Vasco os seus avances na posta en valor e recuperación da terra agraria de Galicia
Nun encontro coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, analizaron a Lei de recuperación da terra e os instrumentos que recolle, como os polígonos agroforestais, as aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta
A Xunta comunica ao Ministerio de agricultura un foco positivo por Sars-Cov-2 nunha granxa de visóns de Carral
A comunicación da positividade faise consonte ás normas de comunicación de enfermidades emerxentes vixentes en España