Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta organiza dende a semana vindeira en Cabana de Bergantiños e Irixoa unha formación sobre xestión integral de piñeiros
Programadas pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, as accións centraranse nas vantaxes e potencialidades que ofrecen aproveitamentos complementarios como a resina ou os cogomelos
A Xunta impulsa a semana que vén na Veiga unha formación sobre iniciación e mellora da gandaría de vacún de carne
Organizada polo departamento de Investigación e Transferencia da Agacal, a acción ten previsto desenvolverse dende o vindeiro luns día 20 de setembro ata o venres 24 no Centro de Desenvolvemento Rural da localidade
Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello lugués de Ribas de Sil, parroquia homónima
A última medición realizada indica que foron 1.592,9 as hectáreas afectadas, das cales 559 foron de monte raso e o resto de monte arborado
A Xunta impartirá en Lalín un curso de formación complementaria á iniciación da análise sensorial dos queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida
Programada pola Agacal, a acción ten previsto desenvolverse en horario de tarde os días 20 e 22 de setembro, nas instalacións da queixería Hoxe
A Xunta formará sobre a normativa e os procesos de transformación e comercialización de produtos hortofrutícolas e do mel no concello de Moeche
O curso, organizado pola Agacal, ten previsto desenvolverse en horario de tarde os días 20, 21 e 22 de setembro, no campo da feira
A Xunta impartirá en Monforte dous cursos sobre o manexo do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas-SIXPAC
Estas xornadas terán lugar no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal os días 20 e 22 de setembro
A Xunta impartirá a semana que vén en Meira e Baralla formación sobre o novo regulamento relacionado coa produción de vacún en ecolóxico
As iniciativas están programadas polo departamento de Protección da Calidade Diferenciada da Agacal
A Xunta investiu máis de 132.000 euros en acondicionar case 17 hectáreas para un pasteiro en Beariz
O delegado territorial da Xunta en Ourense visitou hoxe esta actuación, acompañado polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e polo alcalde da localidade
A Xunta reactiva a campaña 'Come Local' co inicio do curso escolar para promover o consumo de produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade
Coa volta ás aulas, estanse a retomar nunha vintena de comedores escolares os menús especiais elaborados con producións acollidas a indicacións xeográficas e denominacións de orixe protexidas, así como outras accións de formación e difusión
As actividades das próximas semanas xirarán arredor do Día Mundial da Alimentación, que se conmemora o día 16 de outubro
“Come Local”, que se desenvolve por segundo ano consecutivo, lévase a cabo no marco da rede Mercaproximidade, creada por Medio Rural para dar saída aos produtos agroalimentarios galegos que viron reducidas as súas vendas por mor da covid-19
Feijóo refírese aos produtos do mar galegos como sinónimo da Galicia calidade, protagonistas da dieta atlántica e claves para manter unha alimentación equilibrada e saudable
Salienta que na actualidade a comunidade galega é a décima potencia exportadora mundial de produtos pesqueiros e que supera a cifra dos 2.000 millóns de euros de exportacións neste eido