Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2499 novas da C. do Medio Rural:

12/09/21 | 20:34 | C. do Medio Rural

A Xunta comparte cos consellos reguladores e o sector o obxectivo de consolidar o viño galego nos mercados e situalo como referente enoturístico

José González vinculou a consecución desta finalidade co propio espazo enogastronómico e coa estratexia do viño impulsada polo Goberno galego, xunto coas dos sectores lácteo e cárnico, así como coa Lei de recuperación da terra agraria

12/09/21 | 12:15 | C. do Medio Rural

Mañá comezará en Ortigueira un curso para a obtención do carné básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios

A acción formativa, organizada a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), impartirase no centro de San Roque entre o luns 13 e o martes 21 de setembro

11/09/21 | 21:45 | C. do Medio Rural

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 21,15 h de hoxe

Extinguido o incendio rexistrado na parroquia de Nogueira, concello de Ribas de Sil, que afectou unha superficie de 140 hectáreas

11/09/21 | 12:17 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Bande avalían a implantación dunha aldea modelo na parroquia de Nogueiroá ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria

No encontro confirmouse que se celebrará unha reunión con veciños da zona para informalos sobre as vantaxes que suporía a aplicación desta figura de mobilización

11/09/21 | 12:15 | C. do Medio Rural

A Xunta impartirá a semana que vén un taller de confección de ramos de noiva no CFEA de Guísamo

Organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), o curso desenvolverase o vindeiro venres 17 de setembro, en horario de mañá

10/09/21 | 14:20 | C. do Medio Rural

A Xunta comunica ao Ministerio de Agricultura un foco positivo por SARS-CoV-2 nunha granxa de visóns de Curtis

A comunicación da positividade faise consonte ás normas de comunicación de enfermidades emerxentes vixentes en España

10/09/21 | 11:21 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará os produtos de calidade do agro galego no marco do Festival de La Luz

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, programou para este evento diferentes actividades lúdicas, orientadas ás familias, para difundir a riqueza e a variedade destas producións

09/09/21 | 16:32 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra esta fin de semana dúas xornadas en Boqueixón e Barbadás no marco dun proxecto de innovación coa agrupación apícola de Galicia

A primeira terá lugar no CFEA de Sergude o sábado 11 e a outra nas instalacións da Agrupación Apícola de Galicia, o domingo 12

09/09/21 | 16:25 | C. do Medio Rural

Técnicos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán avalían medidas de recuperación das zonas afectadas polos incendios rexistrados en Ribas de Sil

Os profesionais do CIF estiveron hoxe neste concello lucense e tamén nas áreas das localidades veciñas de Quiroga e A Pobra do Brollón afectadas polos lumes iniciados o pasado domingo

09/09/21 | 16:04 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza dende a semana vindeira en Antas de Ulla un curso sobre xestión integral de piñeiros

Programada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a iniciativa está previsto que comece o luns 13 de setembro na Casa da Cultura desta localidade lucense