Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 1673 noticias de la La Presidencia de la Xunta:

18/06/21 | 13:43 | La Presidencia de la Xunta

Feijóo salienta que os 155 galardóns azuis acadados este ano reforzan a imaxe de Galicia como destino seguro, de calidade e sustentable

Resalta o esforzo realizado polos municipios para acadar os estándares de esixidos e subliña que, un ano máis, Galicia mantense nos primeiros postos de toda España, cunha de cada cinco de todas as distincións nacionais

17/06/21 | 20:54 | La Presidencia de la Xunta

Feijóo defende a vixencia do modelo autonómico baseado na cogobernanza e na corresponsabilidade "no que as comunidades temos que falar dos nosos dereitos pero tamén das nosas obrigas"

Sobre a reforma do sistema de financiamento incide en que este debe ter como principio básico o custo efectivo dos servizos, referíndose, especialmente, ao “gasto real” da sanidade e a educación

17/06/21 | 15:07 | La Presidencia de la Xunta
17/06/21 | 15:00 | C. del Medio Rural; La Presidencia de la Xunta

Feijóo avanza que a Xunta redactará unha nova Lei de prevención e defensa contra os lumes que estará en vigor o vindeiro ano 2022

Subliña a necesidade de actualizar esta norma aprobada hai 14 anos e que sufriu preto de 80 cambios en 7 leis diferentes

17/06/21 | 15:00 | C. de Vivienda y Planificación de Infraestructuras; C. de Sanidad; La Presidencia de la Xunta

A Xunta autoriza a contratación das obras de ampliación do CHUO por preto de 52,6 M€

Feijóo salienta que o proxecto contará con 3 intervencións: a construción dun novo edificio de hospitalización, a reforma do actual Hospital Materno Infantil e a mellora dos accesos

16/06/21 | 14:33 | C. del Medio Rural; La Presidencia de la Xunta

Feijóo refírese ao futuro centro de promoción e imaxe dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais, no pazo de Quián, como un espello da Galicia rural, viva, próspera e verde “na que cremos”

Subliña que as 100 hectáreas que envolven o complexo conciliarán as visións dun territorio ordenado, coidado e fértil en produtos de calidade

16/06/21 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdad; La Presidencia de la Xunta

Feijóo avanza a decisión do comité clínico da volta á normalidade nas residencias de maiores e centros de día mantendo “un extra de precaucións”

Subliña que con esta decisión volve ás residencias e aos centros de día a vida en comunidade e levántanse tamén as restricións ás saídas ao exterior

14/06/21 | 13:31 | La Presidencia de la Xunta

Feijóo traslada ao Papa Francisco a invitación do pobo galego a que peregrine a Santiago neste ano santo 21-22

Agradece en nome de todos os galegos o “privilexio” de poder celebrar o Ano Santo ata o 2022; un feito que ocorre por primeira vez na historia e que, segundo di, enche de esperanza a toda Galicia

11/06/21 | 19:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional; La Presidencia de la Xunta

Feijóo destaca o compromiso da Xunta coa divulgación do legado de Camilo José Cela e avanza numerosas actividades e exposicións en 2021, coincidindo cos 20 anos do seu pasamento

Eloxia o papel da Fundación Camilo José Cela ao longo destas tres décadas como dinamizadora da cultura galega e española a través do protagonista, así como a súa aposta pola innovación e a reinvención, como pon de manifesto a pinacoteca e as pontes tendidas a outros autores

11/06/21 | 14:33 | Agencia para la Modernización Tecnológica de Galicia; La Presidencia de la Xunta

A Xunta desenvolverá a intelixencia artificial nun marco ético e fiable co obxectivo de fortalecer o tecido empresarial e os servizos públicos

Salienta que, cun investimento total de 330 millóns durante a próxima década, a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030 permitirá crear preto de 1.000 postos de traballo ao ano, nese período, e incrementar nun 50% os profesionais docentes con formación nesta materia