Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

18/11/21 | 19:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o papel das universidades na definición das estratexias de recuperación turística

A directora de Turismo de Galicia participou hoxe no X Foro Redintur que xirou arredor dos retos e oportunidades do turismo galego fronte á crise da COVID19

18/11/21 | 17:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforzará en 2022 a promoción turística en Irlanda para atraer a turistas e peregrinos

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, mantiveron hoxe un encontro co embaixador de Irlanda en España, Frank Smyth

18/11/21 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O novo xulgado do mercantil da Coruña comezará a funcionar o 1 de marzo tralo atraso do Goberno central nos trámites previos

O Goberno galego lamenta que non poda botar a andar antes unha unidade xudicial prioritaria para aliviar a carga de traballo acumulada nos xulgados galegos por mor da Covid-19

18/11/21 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia a adxudicación dunha nova rehabilitación do Consorcio Casco Vello en Real 13

Trátase, informou a presidenta do organismo e delegada da Xunta en Vigo, dun dos edificios con maior volume construtivo na zona baixa do barrio histórico de Vigo

18/11/21 | 12:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por máis de 3,8M€ as obras do saneamento de Celeiro para completar o tratamento das aguas na ría de Viveiro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliña que o Goberno galego inviste case 8 millóns de euros nesta actuación e na ampliación da depuradora municipal, cuxa entrada en funcionamento se prevé a comezos de ano

18/11/21 | 10:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor traslada ao alcalde de Pobra do Caramiñal un convenio para a mellora integral do centro de saúde

O proxecto ten un orzamento de máis de 45.000 euros e sería financiado a partes iguais pola Xunta e polo Concello ao tratarse dun edificio de titularidade municipal

17/11/21 | 19:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o alto grao de cumprimento do Plan Director do Camiño 2015-2021 a pesares da pandemia

A directora de Turismo de Galicia compareceu diante do Parlamento para dar conta do balance de actuacións levadas adiante no marco deste plan director, a primeira folla de ruta creada pola Xunta para a preparación deste Xacobeo

17/11/21 | 18:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na reunión na que o Goberno central aprobou emitir o informe pendente sobre o Plan de Emerxencia do polígono da Grela Bens

A Xunta remitira xa en decembro do ano pasado ao Ministerio do Interior o informe favorable da Comisión Galega de Protección Civil indicando a importancia de aprobar a revisión do plan canto antes ao modificarse os radios de afección

17/11/21 | 14:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia lidera a aposta polo turismo de calidade ao situarse como a Comunidade con máis novas certificacións Q no último ano

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe no acto de recoñecemento das Q de Calidade Turística 2020 de Turismo de Galicia, onde destacou que a comunidade sumou o ano pasado 38 novos selos pese á pandemia

17/11/21 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Frades na construción dun novo parque infantil cuberto na parroquia de Abellá

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe os traballos financiados no marco da Orde de Infraestruturas de uso público cunha axuda de 40.000 euros