Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

09/11/21 | 12:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias inaugura a nova biblioteca do CEIP Seis do Nadal, “Atlas dos soños”, en Vigo

A delegada da Xunta en Vigo destacou que Galicia é pioneira na concepción destes espazos como recursos educativos adaptados ás necesidades do alumnado

09/11/21 | 11:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca o impulso da Xunta á formación e a creación do emprego en Lalín na inauguración do obradoiro 'sendas'

O delegado territorial, acompañado da tenente de alcalde, Paz Pérez, presidíu o comezo desta iniciativa laboral, na que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste 347.000€ e que toma o testemuño das tres edicións de Lalín Foresta

08/11/21 | 16:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias constata o compromiso da Xunta de seguir avanzando “con paso firme” no desenvolvemento do futuro Campus do Mar de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou hoxe á xunta directiva de Marinetea do estado dos proxectos sectoriais necesarios para o desenvolvemento deste espazo de alto valor cultural e paisaxístico na cidade

08/11/21 | 15:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta detalla ao TSXG a partida orzamentaria destinada á xustiza para o 2022 que acada os 169 M euros

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, presidiron esta mañá a reunión da Comisión Mixta de Xustiza

08/11/21 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remite ao Goberno central a súa proposta de reparto de fondos dos 9 plans de sostibilidade turística que as dúas administracións consideraron aptos

A Administración autonómica propón outorgar 14,6M€ a nove proxectos considerados aptos polas dúas administracións

08/11/21 | 13:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recala en Cervo coa iniciativa Camiño da Innovación para asesorar ás pemes da zona

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participan nun encontro con empresarios

08/11/21 | 13:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por un Camiño de Santiago sostible que se adapte ás demandas dos peregrinos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta mañá na conferencia inaugural da IV edición do “Fórum do Camiño de Santiago, FairWay”, centrada no turismo e a sustentabilidade

08/11/21 | 13:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta subliña a responsabilidade e o compromiso coa veracidade dos profesionais galegos da comunicación

O 9º Foro da Comunicación de Galicia, que organiza conxuntamente o Clúster da Comunicación de Galicia e Expourense, conta co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense

08/11/21 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Castrelo de Miño para dotar ao servizo de protección do medio ambiente dun vehículo con distintivo ambiental eco

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, deste vehículo todocamiño financiado polo Goberno galego cunha axuda de 30.000 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

08/11/21 | 13:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisou as obras de mellora que se están executando na Oficina Agraria Comarcal de Santiago cun investimento de case 50.000€

O delegado da Xunta recalcou que as referidas actuacións enmárcanse no Plan integral de reestruturación e optimización das oficinas agrarias comarcais