Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

22/10/21 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta instala o novo sistema de contención da fauna na vía de altas prestacións CG 2.2, á altura do Corgo

O delegado territorial de la Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que as obras entran na recta final coa colocación da malla de seguridade e estarán listas no prazo aproximado de dous meses

22/10/21 | 11:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de inscrición do curso de especialización en financiamento europeo da Fundación Galicia Europa

Ao longo de cinco xornadas, repartidas entre o 9 e o 19 de novembro, os asistentes abordarán todos os aspectos relativos ao novo Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 e ao novo instrumento temporal de recuperación Next Generation UE

22/10/21 | 09:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove o encontro de destacados gaiteiros da península ibérica a través do acontecemento Piperegrinos

Entre os días 23 e 31 de outubro, seis afamados intérpretes de Galicia, Cataluña, Aragón, Asturias, Castela e León e Portugal actuarán en oito vilas galegas

21/10/21 | 18:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta proxecta a renovación das envolventes dos colexios Pedro Caselles e Pintor Antonio Fernández e da iluminación no CEIP Sobrada de Tomiño

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anuncia estas actuacións, que agora se atopan en fase de licitación cun orzamento global de 513.000€, nunha visita aos colexios

21/10/21 | 14:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda avanza que a Estratexia galega de biorresiduos e residuos municipais 2022-2023 mobilizará 60 M€ para mellorar a recollida separada e camiñar cara a economía circular

Salienta que esta folla de ruta contará con oito novas liñas de incentivos para avanzar en eixos prioritarios como: a materia orgánica no contedor marrón; os refugallos domésticos especiais; e os puntos verdes

21/10/21 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 377.000 euros no obradoiro de emprego que formará a 20 persoas desempregadas en Ribas de Sil, Quiroga e O Courel

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que os participantes obterán o certificado de profesionalidade en operacións auxiliares da construción

21/10/21 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora con Unicef para garantir a educación e a protección dos menores afectados polo terremoto de Haití

A Vicepresidencia Primeira, a través da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, colabora con 40.000 euros nas accións postas en marcha pola ONGD en auxilio da poboación dos departamentos do sur afectados polo movemento sísmico, coa previsión de chegar a 840 alumnos de 23 escolas

21/10/21 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou a renovación da área recreativa de Gabenlle na Laracha con máis de 28.000€

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, destacou que a Xunta apoiou 8 actuacións de mellora das infraestruturas turísticas nos concellos de Bergantiños Costa da Morte cun investimento de máis de 162.000 euros

21/10/21 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A España Verde aposta pola promoción e creación de novos produtos turísticos arredor do Camiño en 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe en Cabárceno nun encontro de seguimento das actuacións levadas adiante este ano

21/10/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta rematará no 2022 a dixitalización e a implantación de sistemas de videoconferencia en todos os xulgados galegos

Na presentación da “X Xornada de informática xudicial e delitos informáticos, IuristicGal”, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, reafirmou o compromiso do Goberno galego coa modernización da xustiza para afrontar “os novos retos” na súa xestión e administración

A directora da Amtega destacou destacou que Galicia ten en marcha a Estratexia Dixital 2030, que no ámbito xudicial aposta por consolidar o Expediente Xudicial Electrónico pola aplicación da intelixencia artificial e a intelixencia do dato para mellorar a eficiencia e a seguridade da Xustiza