Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta destaca o apoio aos concellos para axilizar o reparto das súas axudas á hostalería
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, destacou hoxe que o Goberno galego distribuíu 2,5M€ de axudas de 64 municipios que chegaron a máis de 2.400 hostaleiros, dos que 28 concellos adheridos e 1.136 locais beneficiarios foron da provincia da Coruña
A Xunta propón un aumento de persoal nos GES de Lobios, Muíños, Laza, Ribadavia e Avión para que conten con 12 efectivos
O Goberno galego proporá mañá ás deputacións provinciais e á Fegamp no marco da Comisión de Seguimento dos GES aumentar o persoal para que tódolos grupos da comunidade conten con 12 integrantes, o que suporía a contratación de 48 persoas para completar os GES que ata agora tiñan 6, 9 ou 10 membros
Gabriel Alén repasa cos empresarios de San Cibrao os recentes investimentos da Xunta nesta área empresarial
O delegado territorial da Xunta en Ourense trasladoulle, entre outras actuacións, que a Xunta licitará este ano as obras para a construción dun tanque de tormentas no polígono empresarial no que o Goberno galego investirá preto de 300.000 euros
A Xunta propón un aumento de persoal nos GES de Mos/Redondela, A Estrada e Lalín para que conten con 12 efectivos
O Goberno galego proporá mañá ás deputacións provinciais e á Fegamp no marco da Comisión de Seguimento dos GES aumentar o persoal para que tódolos grupos da comunidade conten con 12 integrantes, o que suporía a contratación de 48 persoas para completar os GES que ata agora tiñan 6, 9 ou 10 membros
A Xunta propón aumentar o financiamento do servizo municipal de emerxencias de Noia para equiparalo ao dos GES
O Goberno galego proporá mañá ás deputacións provinciais e á Fegamp no marco da Comisión de Seguimento dos GES aplicar esta medida aos 4 servizos municipais da comunidade
O xulgado de paz de Ribadeo xa está operativo no local provisional cedido pola Xunta ao Concello mentres se levan a cabo as obras na sede principal
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou hoxe o inmoble no que o Goberno galego investiu 50.000 euros no seu acondicionamento, na dotación de mobiliario e no traslado dos funcionarios
A Xunta investirá 2,4M€ nos novos xulgados da Estrada coa previsión de comezar a obra na primavera
Con 1.817 metros cadrados, o edificio constará dun soto para os arquivos, dunha planta baixa para os espazos públicos e dunha primeira planta na que se construirán os dous xulgados, que poderían entrar a funcionar na primavera do 2023
A AGASP inaugura o curso da promoción de oficiais da Policía Local máis numeroso da súa historia
Son 53 alumnos procedentes de 19 concellos que inician as clases de xeito presencial, recuperando a normalidade tras un curso marcado pola pandemia
Fernández-Tapias anuncia a rehabilitación integral dos actuais xulgados de Vigo con novos espazos destinados a asociacións e entidades sociais da cidade
O Executivo galego renova así o seu compromiso inversor en Vigo, cun orzamento previsto de máis de 6,7 millóns de euros no marco do Plan Patrimonial da Xunta