Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Justicia y Deportes:

14/10/21 | 12:23 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes; C. del Medio Rural

A Xunta e Aspamadis colaboran na prevención dos incendios forestais

O delegado territorial da Xunta en Ourense subliñou o recente investimento de preto de 17.000 euros da Consellería do Medio Rural a través da empresa pública Seaga para realizar rozas manuais con rozadoira e remates en zonas de roza mecanizada con tractor

14/10/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta impulsa no Courel o Festival Eidos de Outono, ao que achega 49.500 euros no marco do Xacobeo 21-22

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que responde a unha nova iniciativa do Goberno galego para contribuír á reactivación da actividade empresarial e artística no sector musical

14/10/21 | 11:51 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta destina 6 M€ a accións de dixitalización e márketing dixital na hostalería para afondar na reactivación do sector turístico

O delegado territorial, Luis López, informa desta nova orde nunha visita ao Hotel Rías Bajas de Pontevedra, que recibíu unha achega de case 30.000€ ao abeiro da anterior convocatoria para a modernización das súas instalacións

14/10/21 | 10:56 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta inviste na modernización da xustiza 50M€ e 123M€ no Plan de Infraestruturas Xudiciais para ofrecer aos cidadáns un servizo público eficiente

Na inauguración dunhas xornadas de secretarios xudiciais celebradas en Santiago, o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, destacou o esforzo da Administración autonómica para axilizar e facer máis accesible a xustiza

13/10/21 | 17:20 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

O Bono Turístico inxecta preto de 300.000 euros na ponte do Pilar e confirma a reactivación do sector

Entre o venres 8 e o martes 12 de outubro fixéronse case 1.500 operacións, un 14% do total desta iniciativa impulsada pola Xunta para estimular o sector

13/10/21 | 17:13 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta reúnese coa Fegamp para informar da optimización dos protocolos de actuación no 112 relativos ás emerxencias con animais

A finalidade é optimizar a mobilización de servizos de emerxencia neste tipo de incidencias coa implantación de novos protocolos

13/10/21 | 14:46 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

“Elixe Galicia” recibe o recoñecemento nacional como mellor produto de turismo activo de 2021

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recolleu o premio outorgado por FITUR e a revista especializada “Aire Libre” e destacou o recoñecemento tamén en datos de afluencia turística ao traballo feito polo Goberno galego para reforzar a mensaxe de Galicia como destino seguro e de calidade

13/10/21 | 14:44 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta co Xacobeo 21-22 devolve a Vigo a capitalidade internacional da danza co Vigo Porté

A delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, destaca o apoio do Executivo galego a este certame, recoñecido como un dos eventos de baile máis importantes de Europa e que espera reunir en novembro a uns 2.000 bailaríns

13/10/21 | 11:54 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

O Consorcio Casco Vello de Vigo adquire un novo edificio no número 20 da rúa San Sebastián

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, firmou a operación de compra que supón un investimento de 80.000 euros

12/10/21 | 13:09 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta promove en Muxía a cociña autóctona e sostible e os produtos galegos entre peregrinos e turistas

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou no evento “Écociña no Camiño”, que busca visibilizar prácticas sustentables da hostalería nas rutas xacobeas