Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

06/10/21 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva retirados máis de 9.500 niños de vespa velutina no que vai de ano

A directora de Administración Local, Natalia Prieto, fixo balanzo esta mañá no Parlamento galego do Plan de Loita contra a vespa velutina, que se renovou este ano e que conta con 300 concellos adheridos, o 96% do total e 15 máis que en 2020

05/10/21 | 19:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá máis de 65.000 euros en melloras no Pazo da Xustiza e na Fiscalía de Menores de Ourense

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, comprobou os traballos feitos na climatización da sección 2ª da Audiencia Provincial e visitou a sección de Menores, na que se vai traballar para mellorar a atención das vítimas

05/10/21 | 17:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor os 10,3 M€ cos que se impulsará a sustentabilidade en 4 destinos turísticos galegos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu hoxe no Parlamento para dar conta do avance na execución dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD) aos que a Xunta destina 4,2M€

05/10/21 | 16:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia 6 actuacións de mellora das infraestruturas turísticas dos concellos da comarca do Barbanza cun investimento de máis de 125.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a igrexa de San Martín de Noia que conta cunha nova iluminación grazas a estas axudas

05/10/21 | 15:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá medio millón de euros na creación dun campamento turístico nun novo complexo recreativo en Abegondo

Constará dun campamento turístico, cabanas de madeira, piscina e xogos multiaventura, entre outros atractivos

05/10/21 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola colaboración entre o Goberno central e as CCAA na promoción do Xacobeo 21-22 para reactivar a peregrinación en toda España

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, destacou hoxe na inauguración en Pontevedra a exposición “Carteis para un Camiño. 100 anos de ilustración xacobea” a necesidade de difundir de forma conxunta as rutas xacobeas e o Ano Santo polo seu potencial na recuperación do sector turístico a nivel estatal

04/10/21 | 19:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta o esforzo realizado no aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea salientou a importancia da incorporación de España como estado observador na Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) polas posibilidades de abrir un amplo ámbito de traballo para a cooperación coa lusofonía

04/10/21 | 18:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comparte coas comunidades as boas prácticas que están a permitir a recuperación turística en Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participa na I Convención de Turespaña nunha mesa redonda para intercambiar coñecementos e accións orientadas á mellora da sustentabilidade e á promoción dos destinos

04/10/21 | 16:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiará 11 actuacións de mellora das infraestruturas turísticas dos concellos da área de Santiago cun investimento de máis de 218.000 euros

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o muíño novo no río Mercurín que será rehabilitado con esta orde de axudas

04/10/21 | 15:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o traballo da Policía durante a pandemia para velar pola seguridade e o cumprimento das medidas de prevención ante a covid-19

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou hoxe na conmemoración e entrega de condecoracións do Día da Policía, que neste ano rendeu homenaxe ao labor dos sanitarios e recoñeceu o traballo do xerente do Sergas, José Flores, e da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, na xestión da crise sanitaria