Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Fernández-Tapias: 'A mellor política de emprego é a que aposta pola formación e a adaptación dos traballadores aos continuos cambios do mercado laboral'
A representante autonómica clausurou hoxe o Salvaterra Emprega, no que se formaron 20 desempregados en atención sociosanitaria, limpeza de superficies e mobiliario en edificios públicos e control de pragas durante os últimos 9 meses
O IES A Pinguela estrea un aula, vestiarios e outras instalacións tras as obras de ampliación e reforma
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta investiu preto de 230.000 euros para modernizar e adaptar o centro ás novas necesidades
Gabriel Alén, destaca o compromiso do Goberno galego coas entidades que traballan no eido dos trastornos aditivos
O delegado territorial lembrou que neste 2021, o departamento sanitario do Executivo autonómico destina máis de 10 millóns de euros ao desenvolvemento de programas de asistencia a pacientes con este tipo de condutas na Comunidade
A Xunta aproba a proposta para as Medallas ao Mérito de Protección Civil de Galicia deste ano
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, presidiu hoxe a reunión da comisión de avaliación destas condecoracións, na que se aprobou entre outras propostas, outorgar unha medalla de ouro a tódalas Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Galicia polo seu traballo durante a pandemia
A Xunta abre unha nova convocatoria de axudas para as axencias de viaxes tras conceder 183.000€ a 34 establecementos da provincia na primeira quenda
O delegado territorial, Luis López, informou hoxe desta orde, orientada a gastos de alugueiro ou de préstamos hipotecarios dos locais e que ten aberto o seu prazo de solicitude ata o vindeiro 11 de outubro, nunha visita a Viajes Arany, de Pontevedra
“O teu Xacobeo” e Fundamar presentan a primeira senda do patrimonio industrial marítimo pesqueiro no Camiño de Santiago
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, inaugurou hoxe Recaladas no Camiño, un proxecto que busca contribuír á identificación e valorización dos recursos turísticos que vencellan as industrias do mar ás rutas xacobeas
A Xunta organiza este sábado en Lugo un festival con oito orquestras galegas no marco do Xacobeo 21-22
As entradas poden reservarse online de xeito gratuíto e as actuacións serán ao aire libre nos xardíns do Pazo de Feiras e Congresos
A Xunta presenta o Xacobeo no Porto como unha oportunidade única para promocionar o patrimonio conxunto de Galicia e o Norte de Portugal
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, deu a coñecer a oferta turística galega aos principais operadores turísticos do norte de Portugal, aos que asegurou que o Camiño de Santiago é un reclamo de éxito para os seus negocios
A Policía Autonómica colaborará coa Policía Nacional e a Policía Local de Santiago nun operativo para previr o botellón
Efectivos do Equipo de Resposta Oficial (Erpol) da Policía Autonómica e do grupo de menores participarán no dispositivo para vixiar a celebración de botellóns na cidade