Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

23/09/21 | 12:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta clausura o obradoiro do Saviñao, Pantón e Sober, que inicia unha nova edición en outubro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, entregou os diplomas ás 20 persoas participantes no taller Ricra IV, que impartiu senllos módulos de montaxe de construcións de madeira e traballos forestais

22/09/21 | 21:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta celebra a 10ª edición das xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños ampliando a súa duración

A directora de Turismo de Galicia presentou en Monterrei a nova edición deste programa que, por vez primeira, dedicará unha fin de semana a cada unha das cinco rutas dos viños galegas ao longo do mes de outubro.

22/09/21 | 14:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta formaliza a incorporación de novos integrantes de Protección Civil ás agrupacións de Marín, Poio e Meis

O delegado territorial, Luis López, realiza a entrega de carnés nun acto celebrado na explanada do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra coa presenza da alcaldesa María Ramallo, as concelleiras Marga Caldas e Araceli Maquieira e representantes das tres entidades

22/09/21 | 13:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia que a Xunta concede 47 cursos AFD de formación para desempregados na bisbarra do Salnés cun investimento de 1,6 M€

O delegado territorial informa desta resolución da Consellería de Emprego e Igualdade, acompañado da presidenta da Mancomunidade, Marta Giráldez, no acto de clausura do obradoiro de emprego dual Hostalería do Salnés XII

22/09/21 | 13:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén louva os recursos naturais, patrimoniais e ao Camiño de Santiago como os mellores reclamos turísticos de Galicia

O delegado territorial subliñou que temos “a oportunidade de confirmar que somos privilexiados por vivir no mellor lugar do mundo, nun destino con tantos recursos turísticos’

22/09/21 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos nos últimos anos máis de 60 M€ no funcionamento, equipamento e formación dos servizos de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, explicou que no caso dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), o Goberno galego destinou máis de 40M€ ao seu financiamento, aos que se suman 7M€ en material

22/09/21 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 3,5 M€ a actuacións de mellora nas infraestruturas turísticas dos concellos de ata 10.000 habitantes

O Goberno galego pretende fomentar a recuperación, a accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos dos municipios galegos co obxectivo de consolidar a oferta turística nas zonas rurais

22/09/21 | 10:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta clausura o obradoiro de emprego Vía Künig II, que formou a 20 persoas desempregadas de Baralla, Becerreá e As Nogais

A Consellería de Emprego e Igualdade dará continuidade á iniciativa noutra edición que comezará en outubro, con novos participantes e proxectos de obras

22/09/21 | 10:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sortea entre os seus adxudicatarios as 33 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas no Concello de Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presidiu esta mañá o sorteo de asignación das vivendas no salón de actos da Delegación Territorial

21/09/21 | 21:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo apela a conservar a vixencia dos valores do Camiño que ao longo da historia guían á nosa sociedade inspirando a convivencia

Garante o compromiso da Xunta coa modernización da Administración de Xustiza, a través de medidas que faciliten o labor de todos os seus traballadores e ofrezan aos cidadáns un servizo eficiente