Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 4549 novas da C. de Presidencia, Justicia y Deportes:

09/02/21 | 13:48 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta adapta desde mañá os horarios de dúas liñas de transporte para atender as peticións de pais e profesores dos alumnos do CEIP Xoán de Requeixo de Chantada

O delegado territorial, Javier Arias, destaca a resposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para adiantar a saída 45 minutos, polo que queda fixada ás 15.15 horas tal e como solicitaba a comunidade educativa

09/02/21 | 13:35 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta abre a nova convocatoria de mellora de establecementos turísticos con 3,5 M€ tras conceder axudas a 23 negocios e locais de Pontevedra e o Salnés por 587.000€

A orde, que estará aberta ata o 4 de marzo, oriéntase a aloxamentos, albergues e negocios de restauración cun financiamento de ata o 50% e 50.000€ do total do investimento, o que supón un incremento do 42% con respecto a 2020

09/02/21 | 13:02 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

Trenor traslada o compromiso da Xunta co futuro industrial de Ferrol e demanda maior implicación do Goberno central

O delegado da Xunta e a directora de Planificación Enerxética e Recursos Naturais participaron nun encontro de traballo cos alcaldes, organizacións sindicais e empresarias de Ferrolterra e representantes do Goberno central

09/02/21 | 11:50 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta destina 709.000 euros do Plan de infraestruturas rurais a mellorar este ano vías de 15 concellos lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión telemática cos responsables municipais, na que explicou que están finalizando os procesos de contratación e que as obras comezarán proximamente

09/02/21 | 08:39 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra a partir desta tarde

Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web www.112galicia.org

08/02/21 | 14:51 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes
08/02/21 | 14:24 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta entrega tendas de campaña de emerxencias ás Agrupacións de Protección Civil de Lalín, Caldas de Reis, Valga, Cambados e Tomiño para reforzar á atención cidadá

Estas concesións enmárcanse na orde de axudas para equipamentos, que beneficiou a 15 municipios da área territorial e 87 de toda Galicia cun investimento global de 932.000€

08/02/21 | 13:48 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta entrega equipamento de emerxencias a trece concellos da provincia para as Agrupacións de Protección Civil

Entre o material figuran seis tendas de campaña, dous esparexedores de sal, tres coitelas para a retirada de neve, un remolque e unha embarcación pneumática

08/02/21 | 13:40 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Policía Autonómica tramitou 62 denuncias nos controis de medidas ante a covid-19 en Galicia

Leváronse a cabo 106 dispositivos con 485 persoas identificadas no marco do plan de actuacións específicas destinadas a evitar a propagación da covid-19