Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

09/08/22 | 14:24 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta achega a Palas de Rei o concerto de ‘Danza Invisible’ e ‘La Guardia’, da man do Xacobeo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación do evento musical, con entrada gratuíta e que terá lugar pasado mañá ás 22.00 horas

08/08/22 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

O Museo Camilo José Cela amplía o seu horario ante o incremento do turismo cultural no Camiño Portugués

A recuperación no número de visitantes e a ampla demanda que está a suscitar a Ruta Xacobea propicia este incremento de horas para visitar o legado do Nobel

06/08/22 | 15:27 | La Presidencia de la Xunta

O presidente da Xunta subliña o papel da mocidade como a mellor embaixadora dos valores do Camiño e gaba o seu compromiso por mellorar a sociedade

Destaca que a estas alturas do ano se alcanzaron as 230.000 compostelas, que se entregan aos visitantes que a solicitan tras corroborar que teñen realizado alomenos 100 quilómetros dalgún tramo das rutas xacobeas

06/08/22 | 11:41 | Agencia de Turismo de Galicia

A Xunta fomenta a seguridade dos peregrinos no Camiño Francés cunha senda peonil no albergue do Pino

Turismo de Galicia destinará preto de 100.000 euros á construción desta infraestrutura que permitirá conectar a Ruta Xacobea con este establecemento

02/08/22 | 18:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

As XVIII xornadas 'Mar de por medio' analizarán o fenómeno Xacobeo da man da hispanista John Rutherford e co apoio da Xunta

Organizada pola Academia Xacobea, a cita desenvolverase en Ribadeo o 16, 17 e 18 de setembro

01/08/22 | 15:19 | C. de Presidencia, Justicia y Deportes

A Xunta presenta o concerto de Los Brincos que se celebrará en Vilanova de Arousa dentro da programación dos concertos do Xacobeo

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Gonzalo Durán e o tenente alcalde, Javier Tourís, presentaron esta mañá o concerto de Los Brincos que terá lugar o día 20 de agosto no marco dos Concertos do Xacobeo

01/08/22 | 14:13 | La Presidencia de la Xunta

Rueda enxalza o vencello entre os valores solidarios do Xacobeo e a gastronomía do Camiño

A recadación do evento vai destinada este ano á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple

01/08/22 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

Fernández-Tapias destaca o éxito do albergue José Manuel López-Chaves, elixido por 5.747 peregrinos ao seu paso por Vigo

A delegada territorial de Xunta na cidade constatou a recuperación das rutas xacobeas e nomeadamente do Camiño Portugués da Costa que, xunto á variante do interior, mantén a súa popularidade con preto de 3 de cada dez camiñantes

30/07/22 | 11:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional

O Museo do Mar de Galicia estrea unha nova área de exposición permanente que percorre as peregrinacións marítimas e o fenómeno Xacobeo

Inclúe desde ánforas e aras da antigüidade prerrománica ata obxectos medievais e conxuntos barrocos, así como pezas procedentes de campañas arqueolóxicas

29/07/22 | 17:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades y Formación Profesional; La Presidencia de la Xunta

Rueda enxalza o Xacobeo dobre como a mellor plataforma para os produtos galegos e sinala a gastronomía como un valor clave na oferta turística de calidade

Sinala a aposta da Xunta por seguir impulsando o turismo baseado na paisaxe, na cultura e na boa cociña, como amosa o investimento de 16 M€ en Plans de Sustentabilidade Turística en Destino