Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 1231 noticias de la área temática Turismo:

27/05/20 | 16:53

Xunta e Concello de Santiago reúnense para coordinar accións en materia cultural e turística

O conselleiro Román Rodríguez e o alcalde Xosé Sánchez Bugallo acordaron traballar conxuntamente na reapertura das oficinas de turismo na cidade

27/05/20 | 12:45

A Xunta reanuda o prazo para que o sector e os concellos soliciten axudas para a certificación da Q de Calidade Turística

Tras a paralización do procedemento polo estado de alarma, os interesados nesta liña de subvencións poden seguir presentando solicitudes ata o 2 de xuño

26/05/20 | 15:39

Xunta e sector acordan incrementar o aforo dos establecementos hostaleiros ao 50% a partir da próxima semana

A decisión, froito dun encontro entre representantes sectoriais e o conselleiro de Cultura e Turismo, aprobarase esta fin de semana na próxima xuntanza do Cecop

25/05/20 | 18:02

A Xunta arranca as accións formativas para o sector turístico nun webinar con máis de mil profesionais inscritos

O curso enmárcase nas máis de 500 actividades programadas polo Goberno galego e o sector a través do CSHG centradas na seguridade sanitaria

25/05/20 | 14:55 | C. de Sanidade

Sanidade solicita ao Ministerio dous tipos de aforos diferentes para as praias galegas, en función da preamar e a baixamar

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, pediu ao ministro Salvador Illa que teña en conta as características das praias de Galicia

24/05/20 | 11:24

A Xunta publica o formulario dixital da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco

Trátase dunha ferramenta precisa para o proceso de avaliación, que serve tamén para que o público se aproxime aos valores extraordinarios deste ámbito

23/05/20 | 12:39

A Xunta abre o luns o novo fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 dotado inicialmente con 1,5 millóns de euros

O conselleiro de Cultura e Turismo informou hoxe desta medida prevista no Plan de Reactivación Cultural para incentivar a creación artística na crise sanitaria

22/05/20 | 18:06

Xunta e sector turístico apostan polo 'Pacto por un destino seguro' que inclúe 50.000 prazas de formación voluntaria e un teléfono para resolver dúbidas a empresas e profesionais

O Goberno galego, a través do CSHG, e as asociacións sectoriais de cada provincia ofrecerán 500 accións formativas centradas na seguridade sanitaria

20/05/20 | 13:13

A Xunta ofrece aos concellos colaboración tecnolóxica para que xestionen o aforo das súas praias

Os conselleiros de Turismo e Medio Ambiente mantiveron unha videoconferencia co presidente da Fegamp na que ofreceron colaboración técnica nestes espazos de competencia municipal