Hemeroteca

Noticias publicadas antes de 2023

Tiene disponibles para la consulta 258 noticias de la área temática Urbanismo:

12/06/22 | 12:00

A Xunta licita por case 100.000 € o acondicionamento dos accesos á ruta de Salgueirón, en Carballedo

A actuación urbanística, que se enmarca nos obxectivos do plan Hurbe, prevé a posta a punto de varios camiños locais no lugar da Barrela, capital do municipio

10/06/22 | 11:08 | C. del Medio Rural

A Xunta publica a versión definitiva das guías de ordenación produtiva cos usos máis idóneos para as aldeas modelo de Pedrosa en Riós e Bustelo de Fisteus en Quiroga

Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas poden consultar as guías nos taboleiros de anuncios dos concellos pertinentes ou na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

09/06/22 | 17:06 | C. del Medio Rural

Medio Rural pon en valor as aldeas modelo e o Proxecto Horta como iniciativas destinadas a reconectar coa natureza e promover a economía circular

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural explicou ambos proxectos na mesa de diálogo celebrada no marco do festival New European Bauhauss Galicia

09/06/22 | 15:10

A Xunta pon en marcha a obras para eliminar o treito de concentración de accidentes na estrada PO-551 en Coiro e Tirán cun investimento de 1,1 millóns

A delegada territorial da Xunta supervisou o inicio dos traballos neste treito de 1,9 quilómetros nos concellos de Cangas e Moaña

09/06/22 | 12:44

A Xunta destina 48.000 euros á humanización da Praza do núcleo de Laias, no concello de Cenlle

Gabriel Alén sinalou que este tipo de actuacións teñen a finalidade de mellorar os equipamentos e dotacións dos pobos e vilas do rural, o que permite aumentar a variedade e os niveis de servizos

08/06/22 | 18:25

A Xunta subliña a aposta polo ‘fermosismo’ dos veciños de Oroso, o segundo municipio con máis axudas a particulares para corrixir impactos paisaxísticos

Enrique de Salvador explica que o Goberno galego xa resolveu e notificou a metade das 600 subvencións outorgadas ao abeiro da convocatoria deste ano

04/06/22 | 11:27

A Xunta porá á disposición dos concellos de Boimorto e Boqueixón un novo programa formativo sobre disciplina urbanística para técnicos municipais

Jacobo Hortas subliña a importancia que ten o papel da APLU para as entidades locais de menos de 5.000 habitantes, onde a delegación de competencias urbanísticas se estende a calquera tipo de obras e usos do solo, aínda que non estean suxeitos a licenza

01/06/22 | 15:29

A Xunta adxudica 13 parcelas no polígono das Gándaras, bonificando en total 2,7 millóns de euros aos compradores

Suman case 44.000 m2 nos que se instalarán empresas da construción, transportes, alimentación ou un laboratorio de biotecnoloxía, entre outras

01/06/22 | 15:22

Trenor supervisa o resultado das obras de reforma da praza do centro sociocomunitario Isabel Zendal nas que a xunta investiu máis de 67.000 euros

Estas obras foron posibles grazas ao Plan Hurbe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, para colaborar en proxectos municipais de humanización e creación de equipamentos públicos, mellorando a calidade de vida dos veciños

24/05/22 | 11:29

Galicia e Baleares estreitan lazos para colaborar na protección do territorio e na disciplina urbanística

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística organizou un encontro para intercambiar as súas experiencias no tratamento das denuncias, das actuacións na fase informativa e das reposicións da legalidade