Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

23/10/20 | 10:19 | C. do Medio Rural

A Xunta felicita aos gañadores da undécima edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, agradeceu aos oito premiados a súa aposta polo agro galego

21/10/20 | 17:14 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que a investigación xudicial sobre o Centro Tecnolóxico da Carne está aberta e baixo o segredo do sumario

José González amosou a confianza e a plena colaboración do Goberno galego co labor da Xustiza e avogou por ser prudentes e agardar ao resultado da investigación para coñecer os feitos e, no seu caso, valorar o personamento da Xunta como posible prexudicada

21/10/20 | 14:00 | C. do Medio Rural

A Xunta seguirá sendo leal co Goberno central nas negociacións da PAC pero inflexible na defensa dos intereses de Galicia

José González lamentou a rebaixa do 10% no orzamento da futura PAC, que supón unha “perda do peso relativo” destas partidas no conxunto das contas comunitarias, algo que -dixo- cómpre compensar cos fondos de reconstrución

20/10/20 | 13:56 | C. do Medio Rural

A Xunta habilita preto de 24 M€ para apoiar os agricultores, gandeiros e pemes do agro galego afectados pola covid-19

Será mediante axudas directas e préstamos garantidos no marco do Plan de reactivación e dinamización do medio rural aprobado polo Goberno galego e que suporá, en total, o investimento de 165 millóns de euros

20/10/20 | 13:42 | C. do Medio Rural

A Xunta pagará a semana que vén preto de 38 M€ correspondentes aos anticipos das axudas da PAC 2020-2021

Estes pagos, que realizará o Fondo Galego de Garantía Agraria, céntranse nos adiantos das liñas de vacún de leite e de carne

20/10/20 | 11:24 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza este sábado en Lugo unha xornada técnica sobre as posibilidades de desenvolvemento do chopo en Galicia

Esta acción terá unha parte teórica que se desenvolverá en horario de mañá e outra parte práctica, coa visita a dúas parcelas en Sarria e Bóveda

19/10/20 | 15:35 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello ourensán de Oímbra, parroquia de Videferre

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 20 hectáreas

19/10/20 | 10:26 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia con 13,5 millóns de euros accións silvícolas en case 7.400 hectáreas de monte para a prevención de lumes de cara ao ano que vén

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se fan públicas estas achegas, cofinanciadas polo Feader

18/10/20 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza este mes diversas xornadas sobre a planificación e o deseño das plantacións de castiñeiros de froito

A iniciativa está dirixida a propietarios de terreos con castiñeiros ou a persoas interesadas na súa plantación

16/10/20 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca que Medio Rural investiu máis de 1,8 millóns na concentración parcelaria de Vilantime-Visantoña nos concellos de Arzúa e Santiso

O delegado territorial visitou o novo punto de recollida de auga no concello de Santiso que contou cunha achega da Xunta de 33.000 euros